viernes, 28 de octubre de 2011

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

AMIGOS E AMIGAS, XA TEMOS O RESULTADO DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "ENCONTRO EN REUS"!!!


PARA VER OS GAÑADORES CLICADE AQUÍ:


http://www.edu.xunta.es/centros/ceipfrian/node/1550

viernes, 21 de octubre de 2011

REUS!!!

SI, PORFIN TIVO LUGAR A EXCURSIÓN A REUS!!!! 
Unha excursión que levamos esperando entusiasmadísismos desde o curso pasado! Por fin coñecemos aos nosos asignados cos que levamos escribíndonos desde hay tempo! Sen dúbida algunha, foi unha experiencia maravillosa, pero por desgraza xa acabou e aquí vola dou a coñecer:

Para empezar, o viaxe en tren ¡14 horas! Pero pasáronse rápidas, gracias a que xogamos todos xuntos e pasámolo moi ben facendo cousas variadas. Claro que, inda que os asientos non foran unha cama escepcional, non estaban mal, e eu ¡xoguei o CLUEDO as 4 da mañá, xa que non tiña sono, con outras rapazas! Je, je... Solo durmimos 4 horas...
E iso a ida, porque a volta, tristes, claro, pero tamén seguimos xogando e... vaia venvida que nos prepararon! Pancartas, carteis... e, ao chegar a casa, a durmir...




O 1º día foi día libre. Coñecemos o lugar da "Marinada", a casa colonias onde estivemos. Tamén  fomos a praia, e a auga estaba quentísima! E, ao volver, a piscina! E para finalizar este día maravilloso: A coñecer os nosos amigos de Reus! Por desgraza, Yasmine (a que me tocou) foise a Francia, e tocoume Mohamed, que tamén me caía moi ben, pero... non é o mesmo. Pero bueno, non hai que estar tristes, e aquí vos deixo unhas imaxes:



O 2º día fomos a Reus. Para empezar estivemos no bonito cole "Joan Rebull", o cole dos nosos asignados, onde nos expicaron cousas sobre Barcelona, Tarragona, Reus... Logo, nin máis nin menos que o Concello, onde nos deron unha charla, e, logo, ao Centro Gaudí, onde nos explicaron cousas sobre Gaudí, pero... como un xogo! Había de todo e pasamolo moi ben. E, na comida, fomos a un parque precioso, enorme, onde había todo tipo de cousas!: Instrumentos xigantes, como un xilófono, uns bombos... un lago, moitas esculturas, incluso uns saltadores!... Por último, dirixímonos a un museo sobre as festas de Reus e vimos moitos edificios modernistas pola calle...



O 3º día, e sen dúbida o mellor, visitamos... Barcelona!!! Empezamos o recorrido polo Park Güell, precioso, indiscriptible... E logo, fomos a Cosmo Caixa: un museo enorme sin comparación: Vimos espectaculares esqueletos de dinosaurios, experimentos flipantes e un bosque sumerxido, onde había miles de animais vivos... ¡Todo debaixo da terra! Fora flipante! Seguindo o percorrido vimos a Pedrera, e a Sagrada Familia ¡espectacular! E para finalizar, unha paradiña... No Camp Nou!!! Podería ser mellor?


3º día: Barcelona!!! - presentacion imagenes

E, para finalizar, fomos a Tarragona, onde visitamos a Praia Larga, chamada así por ser a máis larga de Tarragona: 3 km. (A verdade e que non se mataron co nome). E logo fomos a un bonito bosque mediterráneo, con preciosas vistas o mar, e con uns árbores finos e intrincados. Podemos atopar: sabina, margalló, carrasca, pino mediterráneo, olivos...





4º DIA: TARRAGONA - diapositivas


Sinceramente, foi todo maravilloso. A verdade é que non queríamos volver. Inda que, despois doutras 14 horas de tren, recibíronos de maneira maravillosa: Pancartas, carteis...



ATA OUTRA!!!