RECOMENDACIÓNS de LECTURA

Hola a todos!!!! Ultimamente lin varios libros que me encantaron. A vos non vos apetece que poidamos comentar e compartir recomendacións para que todos poidan disfrutar dos libros? Pois aquí vou poñer os libros que mais me gustaron, a ver se vos animades a lelos vos tamén!!! (Se vos gustou moito un libro, podedes falarme del nun comentario).
Esta é unha páxina feita toda de recomendacións do meu colexio, que me parece moi ben feita e que seguramente vos gusten: Blog de recomendacións do meu colexio.

Antes de nada, quería tamén recomendar o uso das Mochilas Viaxeiras. Son unhas mochilas cargadas con varios libros, un disco, unha película e un diario viaxeiro. Esta mochila viaxa as casas dos alumnos que a queiran levar, e poderanse ver todos os contidos en familia, posto que unha das súas funcións e unir a familia. Outra é que saquemos o noso artístico, podendo comentar, debuxar... o que queiramos no diario viaxeiro sobre o que nos pareceu a mochila. Unha boa idea, eh? A min tocoume o pasado día 14 de Marzo de 2011, e contiña: Un libro en galego: Leonardo da Vinci; un en castelán: D de divertirse; un en inglés: The Boy and the frogs, un disco(Que xa tiña):Luar na Lubre, Plenilunio; e unha peli: Las crónicas de Spiderwick. Oxalá que tamén ás vosas casas vos chegue unha mochila viaxeira!


Así pois, comezamos a recomendar! Debo empezar por recomendar una colección que posiblemente xa coñecedes, e, bueno, se non coñecedes e a mar de recomendable. Chámase Fairy Oak e vai dun pobo no que conviben Máxicos e Senmaxia, bruxas e fadas, e donde naceron dúas irmás case xemelgas, unha é unha bruxa da Luz e a outra unha bruxa da Oscuridade. O enimigo estase acercando e quere romper a forza máxica que as une. Facendo uso dos seus poderes e con unhas largas prácticas, as xemelgas deben conbatir contra o inimigo codo con codo se queren salvar o seu pobo. 



E se vos gusta estas coleccións, non vos podedes perder a das Gemelas Vampiras, que vai sobre dúas xemelgas que son nin máis nin menos que... medio vampiras!!! Por amor ao pai (o cal é o vampiro) viviron 12 anos na terra de Transilvania, hogar de moitos vampiros, e, por amor a nai, agora van vivir nunha cidade alemana. Son libros moi divertidos, porque conta a historia dos líos das dúas xemelgas, chamadas Daka e Silvania, entre humanos, tendo que cambiar radicalmente de costumes. Vamos, que hai miles de líos que seguro que vos faran rir un bo rato. Ata agora hai seis libros: Que amiga tan deliciosa!; Prohibido morder; Colmillos en peligro; Tu duermes, yo muerdo; Vacaciones en Mordiscien e Panico en el Picnic. Son libros con bastante suspense e unha auténtica xoia para os fans de estos títulos.


E falando destes seres tan extraños, non vos podedes perder este título, donde todos os fans (e os que non o son) poderán divertirse explorando os secretos da mitoloxía grega e descubrir todas as súas lendas.
Ando a  falar do libro <<Mitología>>, un libro que desvela dunha forma moi divertida e, debo admitilo, moi enganchante, todos os secretos da mitoloxía grega: lendas, deuses... Con este libro, aprenderás todos os secretos da mitoloxía grega nun libro cheo de secretos: páxinas dobres, copias reais de obxectos e actividades... e todo sen as aburridas explicacións dos libros de texto... Pero non podo contar máis, se o queredes averiguar mergulládebos nas páxinas deste emocionante libro, e desvelade todos os secretos da mitoloxía grega...



E se o que queredes e ver as cousas mais extrañas e extravagantes por excelencia, tedes que  ver os Guinness Worl Recors, un libro que sale anualmente con todos os Recors novos e actualizados, dese ano e dos outros. E ademais podes ver que récord se fixo o día do teu cumpleanos, ver récords que todavía non se bateron e os máis antigos, ver as cen persoas que fixeron máis récords e un sistema de descarga gratuíta de imaxes e videoclips inécditos!!!! Hay récords de todo tipo: de deportes, de animais, do espacio, do ser humano, do mundo moderno e as tecnoloxías... Uns libros que, pódobolo asegurar, son sorprendentes desde o primeiro momento.


Para a xente que pensa que leer sobre persoaxes históricos é aburrido (coma a min, antes de ler este libro), que sepan que están equivocados, porque aquí hai unha colección chamada Terriblemente Famosos, que nos explica cousas sobre os persoaxes históricos pero de forma moi amena, con varias páxinas de cómic e con curiosidades non coñecidas ata agora dese persoaxe. Por exemplo, sabedes que a William Shakespeare casi lle cortan a cabeza? Ou que para conservar un teatro que iban a destruír, desmontárono peza a peza e transportárono ata o outro lado do Támesis???? Este e outras anécdotas nos contan estas coleccións, xa digo, moi amenas e divertidas que non vos podedes perder.



1 comentario:

  1. Esta páxina paréceme moi interesante xa que nos acercas a libros que descoñecíamos ou que non nos prantexaríamos leer. Ademáis aportas motivos para animarnos a súa lectura.

    ResponderEliminar