Mostrando entradas con la etiqueta NOVEDADES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta NOVEDADES. Mostrar todas las entradas

martes, 15 de noviembre de 2011

Que debate alieníxena!!!

Hola de novo, amigos! Esta vez tráiovos un superdebate que fixemos no colexio, da vida extraterrestre.
Se vos gustou o debate que tamén colguei aquí ha xa tempo, non vos perdades este!!!!:


http://olardefriancinho.blogspot.com/2011/11/3-edicion-dos-venres-de-viva-voz.html


PORQUE EXISTEN OS EXTRATERRESTRES!!!!

miércoles, 11 de mayo de 2011

Nova páxina de Test e Enquisas!!!

Ola a todos, amigos! Non sei se vos fixastes, pero teño unha nova páxina no blog: Test e Enquisas.
Nesta páxina recollerei as vosas opinións para que nas próximas noticias sexan máis chulas.  A cada semana, ou quincena, irei poñendo algunha que outra pregunta. Quero ver moitos comentarios... 
Amigos, animádevos a participar nesta páxina!

martes, 26 de abril de 2011

Noticias sobre Lixo

Cada mes vou facer unha nova falando de como vai crecendo Lixo, e as anécdotas que lle van sucedendo. Este mes foi supercompleto, mirade todas as cousas que fixo o noso amiguiño:
· 29-3-11: Lixo únese a nosa familia.
· 10-4-11: Lixo vai por 1º vez a praia (e monta por 1º vez no coche). Trátase da praia América. Gústalle a area e acaba cheo dela. É o centro de atención de todas as persoas que pasan por alí.
·16-4-11: Lixo, explorando, métese no cubo da lexía, o que provoca que logo o oubera que lavar por 1º vez. Lixo déixase lavar, pero témelle ao secador polo ruido que fai.
· 4º semana: Lixo abandona todas as noites a súa cama e vaise a durmir ao sofá, ao que, por certo, xa sabe subir dando unha brincadeira e agarrándose coas uñas.
·5º semana: Lixo volve a viaxar en coche ata Verín. Paramos nun parque en melide e el escala árbores. Logo coñece a casa de Verín, donde se fai dano nunha pata por recibir moitos pisotóns accidentales.
5º semana: Lixo está confuso. Quere atopar o gatiño que hai no espello, pero non o atopa.
·6º semana: Lixo súbese a nosa cama polas noites e quédase alí a durmir. Agora a cama de meus pais e o seu punto de descanso e eles non saben que facer. 

sábado, 9 de abril de 2011

LIXO, o mellor regalo do mundo!!!

Sabedes, amigos? Hay pouco cumplín o primeiro ano da segunda década, e dicir, 11 anos. Foi o pasado martesdía 29 de Marzo. Bueno pois ese día os meus amigos déronme unha boa sorpresa.... UN GATO!!!
Levava tanto tempo querendo un... Foi sen dudalo o mellor regalo que me fixeron nunca. É precioso, ten o pelaxe béis é moi explorador. O pobre solo tiña 15 días porque os amos da gata nai ¡Queríano matar! Si, si, íbano matar porque eles non o querían, a si que lle salvamos a vida. Agora xa me coñece, xa sabe onde durme e donde mexa, e non para de moverse pola casa e... morder! Hay tan poco que lle naceron os dentes que non para de practicar con eles! E valeu a pena, porque onte comeu peixe! Abandonou por fin o biberón e pasou o peixe! O tipo xa anda moi crecido, e é, polo menos para min, o millor gato do mundo.

viernes, 11 de marzo de 2011

Estreamos o Club de Lectura!!!

O día 24 de Febreiro na Biblioteca estreamos o Club de Lectura: Leeremos e compartiremos opinións sobre os libros, pero...
No recreo algúns alumnos de 5º xuntámonos na biblioteca do colexio para iniciar o club de lectura. Fixemos dous grupos, Locos por los libros e Libro&Co (Ao cal pertenzo eu). Leeremos libros e comentaremos nas nosas navas axendas, e logo faremos unha opinión común. O libro para este mes é: O chápiro Verde. Eu xa mo acabei e comentei, e teño ganas de que chegue o  día asinado para comentar. Pero iso non é todo...
Porque ese recreo foi máis unha festa!!! A nai de Mónica, a profe de biblioteca, fíxonos uns grandes postres e comemos a rebentar co pastel inmenso e os deliciosos  bombóns de chcocolate e almendra... ñam!!! Xuntos os dous grupos rímonos, falamos e saboreamos este delicioso inicio do Club...
Mirade este enlace ao blog da biblioteca do cole, donde a profe Mónica explica todo sobre o Club.

viernes, 25 de febrero de 2011

O concurso de talentos está a piques de empezar!!!

Si, si, porque os da clase de 5º A gústanos moito as iniciativas, e pensamos facer un súperconcurso de talentos para que todos saquen o seu talento interior!!!

Agora, as delegadas do curso fixeron un pacto e, entre as dúas, pensan facer un superconcurso de talentos. É unha inicitiva de 5º A no que queremos que todos saquen o talento que teñen no interior e que nunca poden dar a coñecer. Pero agora fixemos un superconcurso para que esta xente poda dar a coñecer o seu forte e, ademais, pasar un bo rato entre compañeiros.
Será o martes e mércores días 1 e 2 de Marzo, na hora do plan lector. Poderán participar os de 4º e 5º curso, e tamén se pode facer en grupo. Se estades no noso cole e estades nestes cursos... non dudedes en participar! Pero decididevos rápido, porque o plazo para apuntarse sará ata este luns 28... Traballade o talento e non vos rindades, sacade o voso talento interior e sorprendédenos!!! (Non vos preocupedes, que habrá premios).




jueves, 17 de febrero de 2011

Súper Debate dos transxénicos!!!!

Sabedes que hai tempo faleivos que preparabamos un debate para o día da paz, que este ano ía sobre a Natureza. Pois xa está aquí!!! E podo asegurar que foi o mellor debate ao que asistín e vin!!! Si, porque o principio empezou como un debate dos transxénicos normais, pero logo a cousa animouse e incluso os espectadores participaron! Ademais foi un debate con moito humor, e todos o pasamos moi ben. Todos preparamos moi ben e redebatimos tamén moi ben. Foi un debate moi emocionante pero ó final os que estabamos en contra alzámonos coa vitoria! Aínda que iso foi o de menos, porque a experiecia de ter un debate tan chulo posiblemente é moito millor que calquera premio. Porque seguro que tal como estamos, imos para os de Telecinco!!!

Cómo foi algo longo, grabámolo en dúas partes. Pero ollo, porque longo non quere dicir aburrido!!!



Esta é a 2ª parte do debate, e, teño que admitilo, a miña favorita.

sábado, 12 de febrero de 2011

O Cachalote

Non sabedes o que é? Pois é un deporte que unhas amigas e eu inventamos, e que agora é a bomba no colexio. Se queredes saber como é para xogar vós miradeo aquí:
O Cachalote é un deporte que mezcla o tenis, o baloncesto e o balonmano. O nome ven de Babadote, que eran as iniciales destes, pero co tempo, (vamos, en 2 días) apareceu este, máis atractivo.
Trata de meter unha pelota de tenis nunha canastra de baloncesto movéndose ao balonmano. Moverse ao balonmano quere dicir que se poden dar dous pasos coa pelota na man, e logo ou se bota, pásase ou tírase.
Pódese entrenar pasándose o balón a longa distancia ou pasándose intentando que unha persoa intermedia non colla o balón.
A pelota inicial é PELOTI, a pelota coa que sucederon as máis importantes aventuras do deporte. Por exemplo: cando se quedou no medio dunha rede altísima e houbo que darlle cun balón; cando se quedou na herba dun muro e houbo que facer unha torre humana coa axuda dunhas nais moi amabes; ou cando se foi a casa do veciño e houbo que saltar o muro que separaba as fincas e colarse para collela na súa casa. E iso vai en serio, non vos creades que son bromiñas. Pero esa pelota téñolle moito cariño, é o meu millor amigo surreal.
Se queredes, podedes xogar vós, porque seguro que pouco a pouco vai haber máis xente que se anime, xa veredes.