sábado, 12 de febrero de 2011

O Cachalote

Non sabedes o que é? Pois é un deporte que unhas amigas e eu inventamos, e que agora é a bomba no colexio. Se queredes saber como é para xogar vós miradeo aquí:
O Cachalote é un deporte que mezcla o tenis, o baloncesto e o balonmano. O nome ven de Babadote, que eran as iniciales destes, pero co tempo, (vamos, en 2 días) apareceu este, máis atractivo.
Trata de meter unha pelota de tenis nunha canastra de baloncesto movéndose ao balonmano. Moverse ao balonmano quere dicir que se poden dar dous pasos coa pelota na man, e logo ou se bota, pásase ou tírase.
Pódese entrenar pasándose o balón a longa distancia ou pasándose intentando que unha persoa intermedia non colla o balón.
A pelota inicial é PELOTI, a pelota coa que sucederon as máis importantes aventuras do deporte. Por exemplo: cando se quedou no medio dunha rede altísima e houbo que darlle cun balón; cando se quedou na herba dun muro e houbo que facer unha torre humana coa axuda dunhas nais moi amabes; ou cando se foi a casa do veciño e houbo que saltar o muro que separaba as fincas e colarse para collela na súa casa. E iso vai en serio, non vos creades que son bromiñas. Pero esa pelota téñolle moito cariño, é o meu millor amigo surreal.
Se queredes, podedes xogar vós, porque seguro que pouco a pouco vai haber máis xente que se anime, xa veredes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario