Foi o pasado día 12 de Febreiro. Está no Morrazo, preto de Cangas, e son unas praias medianas separadas por varios kilómetros de rocha. Teñen grandes olas e, no monte de ali, hai vistas preciosas da ría.
Nós tumbamonos nunhas rochas ben altas, porque a marea na praia era bestial. Estaba a praia toda cuberta por area mollada, e unhas olas que parecian bombas da ETA cando chocaban coas rochas. A explosión de unha grande era un expectáculo.Alí estábase xenial, e escoitando o mar, lendo, escoitándo música ou imaxinando aventuras pasóusenos o tempo voando. Quen o ía dicir!
Logo subimos ao monte, donde hai mais toxos case que herba. Pero despois de meternos por camiños tan pequenos que case estaban ocultos, chegamos a unhas rochas donde se vía unha preciosa panorama da ría. Moitas desas rochas estaban gastadas pola auga durante miles de anos, e había pozas moi grandes e raras, pero o curioso é... Que iso era o cumio da montaña, onde non debería chegar a auga!!! Raro, eh?
Fomos moito tempo e gustounos moito, e supoño que, se sodes dos que queredes saltar olas e surfear, esa praia gustarabos! E senón, para relaxarse tamén está que nin pintado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario