Mostrando entradas con la etiqueta CONCURSO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CONCURSO. Mostrar todas las entradas

viernes, 28 de octubre de 2011

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

AMIGOS E AMIGAS, XA TEMOS O RESULTADO DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "ENCONTRO EN REUS"!!!


PARA VER OS GAÑADORES CLICADE AQUÍ:


http://www.edu.xunta.es/centros/ceipfrian/node/1550

viernes, 1 de abril de 2011

Concurso de Canto!!!

Sabedes que no meu colexio fixemos un concurso de Talentos que nos crearamos? Bueno, pois agora os de 5ºB sorprendéronnos cun con concurso de canto chamado <<Cantando Unidos>>. Todos os cantores de 5º e 6º curso fomos o pasado venres 25 de Marzo a participar no concurso. 
Trataba de cantar e bailar unha canción, que claro está, había que ter preparada. Os xuíces foron Noa, Antía O e Noel, e as presentadoras Candela e Xiomara. Todos disfrutamos moito cantando cancións divertidas e marchosas. Eu e Noa Carme tamén participamos cunha canción moi divertida chamada "O iogur de fresa", (Clicade para vela) unha canción que se presentou hai uns anos a millor canción do verán galega, e que quedou das primeiras porque era superdivertida! E, a pesar de pasar por varios altibaixos Noa e eu... tamén chegamos das primeiras! Mais ben gañamos o 1º premio, e recibimos moitos agasallos, como: Matasuegras, pelotas blandiñas con luces, un chaveiro con forma de alce ao que ao apretar lle saen os ollos disparados boliñas para facer formas, globos e outros xogueticos. Pero inda así, teño tamén que felicitar a Ana, Carmen, Lola e Laura por quedaren de segundas con Barbie de Extrarradio e a uns de 6º pola actuación moi divertida con "Osito Gominola", e por suposto a todos os organizadores e aos participantes. Sen dúbida algunha, o divertido foi participar e reírnos coas actuacións... 
Aquí hai un  enlace para que vexades as diferentes actuacións que oubo. Espero que dende a casa tamén disfrutedes do concurso como se estivérades alí... Non vo lo perdades!!!
http://quintodefrian.blogspot.com/2011/03/xa-rematou-o-concurso-de-canto.html?spref=fb

Gañadora do concurso Aqualia!!!

No curso pasado, 4ºB, a miña clase participou no concurso de debuxo de Aqualia, a empresa encargada da auga en Vigo, e que nos propuña pintar un debuxo relacionado con: "A auga, o noso millor valor". Pois agora, resulta que fun finalista deste concurso, e invitáronnos a miña clase a recollida de premios.
O pasado martes día 22 de Marzo, as clases volvéronnse a mesturar, e os rapaces da antiga clase de 4ºB partimos cara o museo do Marco, no centro de Vigo. Entramos nunha gran sala e regaláronnos a todos os asistentes unha bonita gorra. Oubo un pequeno acto, e nunha pantalla enorme podíanse ver datos da auga e os debuxos dos finalistas, incluído o meu! Logo déronnos o premio, un maletín enormísimo de pintura, e unha consola Wii negra para a gañadora ¡Que morro! 
Ao acabar isto tomamos uns aperitivos na cafetería, e falamos a cachón, ata que foi hora de volver e de disolver a clase de 4º B, que pena!!!
Aquí vos deixo un Slide coas fotos desta pequena excursión e unha foto do meu debuxo. Espero que tamén todos vos coidedes ben da auga!!!!


domingo, 27 de marzo de 2011

Concurso Spelling Bee

Ola a todos!!! Hoxe veño presentarvos un novo desafío: O Spelling Bee. Neste concurso hai que deletrear palabras en inglés, que aínda que pareza fácil, e todo un desafío! 
No noso colexio fixemos unha proba para ver quen podería ir ao concurso. As seleccionadas foron Noa Copero e Antía Martínez. Moitas felicidades! Elas dúas traballaron sen descanso, e aprenderon moitísimas palabras novas. O pasado venres 25 de Marzo foron ao auditorio de Caixanova a participar na final do concurso. Apoíamolas moito, pero por desgraza non gañaron. Pero bueno, iso non importa, porque aprenderon moito e o pasaron ben e ademais... recibiron moitos premios! Por exemplo varias camisetas, material escolar e ¡un vale para ver no cine a peli que elas queiran, e outro para xogar ao Paintball!!! Que sorte! Fomos todas a celebrar que chegaran ata alí cunha cea na Gramola, o bar donde celebramos as festas, e foi unha noite moi animada e alegre. Doulle inmensas felicidades a Noa e a Antía e tamén a todos os concursantes do Spelling Bee!!!!

sábado, 5 de marzo de 2011

Entrega de premios concurso de talentos

Por fin o momento máis esperado... A entrega de premios! Se vístedes os vídeos das actuacións, preparádevos porque aquí saberedes por fin quen gañou...
Entrega de premios do concurso de talentos, por fin!!!

Xa acabou o concurso de talentos!!!

Hai tempo que vos anunciei que no noso colexio íbamos a celebrar un concurso de talentos.... pois xa o fixemos!!!
Presentáronse moitas persoas, e había moitos talentos: Bailes, dominios co balón, teatros cómicos, historias de papel, rap's, músicos... As xuízas tivémolo dificilísimo para esoller os vencedores...!
Tod@s @s concursantes fixéronno xenial e sorprendéronnos a todos. O concurso durou tres días e todos o pasaron moi ben. Quen gañou? Unha sorpresa...

viernes, 25 de febrero de 2011

O concurso de talentos está a piques de empezar!!!

Si, si, porque os da clase de 5º A gústanos moito as iniciativas, e pensamos facer un súperconcurso de talentos para que todos saquen o seu talento interior!!!

Agora, as delegadas do curso fixeron un pacto e, entre as dúas, pensan facer un superconcurso de talentos. É unha inicitiva de 5º A no que queremos que todos saquen o talento que teñen no interior e que nunca poden dar a coñecer. Pero agora fixemos un superconcurso para que esta xente poda dar a coñecer o seu forte e, ademais, pasar un bo rato entre compañeiros.
Será o martes e mércores días 1 e 2 de Marzo, na hora do plan lector. Poderán participar os de 4º e 5º curso, e tamén se pode facer en grupo. Se estades no noso cole e estades nestes cursos... non dudedes en participar! Pero decididevos rápido, porque o plazo para apuntarse sará ata este luns 28... Traballade o talento e non vos rindades, sacade o voso talento interior e sorprendédenos!!! (Non vos preocupedes, que habrá premios).