Sabedes que no meu colexio fixemos un concurso de Talentos que nos crearamos? Bueno, pois agora os de 5ºB sorprendéronnos cun con concurso de canto chamado <<Cantando Unidos>>. Todos os cantores de 5º e 6º curso fomos o pasado venres 25 de Marzo a participar no concurso.
Trataba de cantar e bailar unha canción, que claro está, había que ter preparada. Os xuíces foron Noa, Antía O e Noel, e as presentadoras Candela e Xiomara. Todos disfrutamos moito cantando cancións divertidas e marchosas. Eu e Noa Carme tamén participamos cunha canción moi divertida chamada "O iogur de fresa", (Clicade para vela) unha canción que se presentou hai uns anos a millor canción do verán galega, e que quedou das primeiras porque era superdivertida! E, a pesar de pasar por varios altibaixos Noa e eu... tamén chegamos das primeiras! Mais ben gañamos o 1º premio, e recibimos moitos agasallos, como: Matasuegras, pelotas blandiñas con luces, un chaveiro con forma de alce ao que ao apretar lle saen os ollos disparados boliñas para facer formas, globos e outros xogueticos. Pero inda así, teño tamén que felicitar a Ana, Carmen, Lola e Laura por quedaren de segundas con Barbie de Extrarradio e a uns de 6º pola actuación moi divertida con "Osito Gominola", e por suposto a todos os organizadores e aos participantes. Sen dúbida algunha, o divertido foi participar e reírnos coas actuacións...
Aquí hai un enlace para que vexades as diferentes actuacións que oubo. Espero que dende a casa tamén disfrutedes do concurso como se estivérades alí... Non vo lo perdades!!!http://quintodefrian.blogspot.com/2011/03/xa-rematou-o-concurso-de-canto.html?spref=fb
Ola Aldara!
ResponderEliminarEu quero dicir que o teu blog esta moi ben, pero...Te olbidaste de que o 2º premio o gañou Barbie de extraradio, é eu formaba o grupo de Barbie....Bueno che perdono XD
Un saudiño a tod@s!!!:)
Carmen