Cada mes vou facer unha nova falando de como vai crecendo Lixo, e as anécdotas que lle van sucedendo. Este mes foi supercompleto, mirade todas as cousas que fixo o noso amiguiño:
· 29-3-11: Lixo únese a nosa familia.
· 10-4-11: Lixo vai por 1º vez a praia (e monta por 1º vez no coche). Trátase da praia América. Gústalle a area e acaba cheo dela. É o centro de atención de todas as persoas que pasan por alí.
·16-4-11: Lixo, explorando, métese no cubo da lexía, o que provoca que logo o oubera que lavar por 1º vez. Lixo déixase lavar, pero témelle ao secador polo ruido que fai.
· 4º semana: Lixo abandona todas as noites a súa cama e vaise a durmir ao sofá, ao que, por certo, xa sabe subir dando unha brincadeira e agarrándose coas uñas.
·5º semana: Lixo volve a viaxar en coche ata Verín. Paramos nun parque en melide e el escala árbores. Logo coñece a casa de Verín, donde se fai dano nunha pata por recibir moitos pisotóns accidentales.
5º semana: Lixo está confuso. Quere atopar o gatiño que hai no espello, pero non o atopa.
·6º semana: Lixo súbese a nosa cama polas noites e quédase alí a durmir. Agora a cama de meus pais e o seu punto de descanso e eles non saben que facer.
No hay comentarios:
Publicar un comentario