viernes, 15 de abril de 2011

Excursión ao Río da Fraga

O pasado 9 de Abril algúns nenos e os seus pais do colexio fixemos unha excursión organizada pola A.N.P.A: Unha excursión a un río que atravesa unha fraga, en Moaña.
Todos os alí presentes fixemos unha camiñata atravesando a fermosa fraga, que a dicir verdade un pouco parecía un bosque encantado. Iso si, sempre acompañados polo río.Foi unha ruta preciosa.
Logo fomos a comer a un prado no que había un fermoso lago: O lago Castieira. O prado era precioso, estaba cheo, iso si, de ourizos e árbores, e algunha que outra cagada de cabalo. O lago era moi bonito e tiña moitos patos e peixes e... incluso unha nena acuática! Porque Aldara (non eu, unha de 1º curso de primaria) caeu en toda a auga. E ademais Noel filmouno en vídeo. Outra anéctota foi a dos rapaces de 2º e 3º, que nos querían encher con caca de cabalo. Por sorte, nos contraatacamos con ourizos das castañas, e nos salimos gañando da batalla.
Logo  dimos unha volta polo parque, e entramos nunha reserva donde cuidan animais enfermos para logo deixalos en liberdade. E atopamos... moitísimos tréboles de catro follas! Si, si, había mogollón. Que sorte!


A excursión foi superchula, aquí vos deixo unhas fotos para que comentedes, pero para saber o guay que estaba teríades que estar alí.

1 comentario:

  1. Moi boa presentación. Cantidade de fotos optima, non cansa nin quedan escasas para mostrar o que deu de sí ese día.
    os comentarios completan a presentación.

    ResponderEliminar