martes, 28 de junio de 2011

Ando por Verín!!!

Chegaron as vacacións! E coma cada ano, tócame ir unha semaniña a Verín, sen pais, deberes nin preocupacións, unha semana de reláx e de xogar.
O fin de semana do 25 e 26 de Xuño chegamos aquí meu pai, miña nai e eu. Por desgracia non poidemos trer a Lixo, pero deixámoslle suficiente comida e bebida para dous días. Neste finde estiven cos meus pais, pero o domingo pola noite marcharon e deixáronme aquí a min, para disfrutar desta semana. Isto é o que fago estos días:
·Levántome moi tarde; sobre as 10 e media, desaiuno e tócame facer a cama, vestirme e peinarme.
· Logo salimos dar un paseo, ou comprar comida para o día seguinte; e tomar un pouco o aire.
· Chego a casa e leo o 6º libro das gemelas vampiras (que por certo, está cuhilísimo), "Pánico en el picnic", na terraza.
· Logo vexo a tele, ata que chega a miña tía e comemos.
· Pola tarde preparo a mochila, pois voume a casa de Priscila, unha amiga de Verín, donde o pasamos en grande durante horas na súa inmensa piscina, que sempre está limpísima e quentísima. Alí aprendín a facer a voltereta na auga e a perfecionar o pino, entre outras cousas. Cando saímos xogamos a xogos variados. Alí paso a tarde, mellor imposible grazas o axisfisiante bochorno.
· Chego a casa e, logo de cenar, conéctome ao ordenador, donde falo coas amigas, xogo ou escribo esta noticia
·Pola noite, cando xa se acosta o sol, vexo unha película ata as tantas da madrugada e acabome durmindo na terraza, pois como a miña avoa pecha todas as ventás, na habitación non hai quen durma.

É unha pena que non trouxera a Lixo, pois votoo bastante de menos, e a escasez de xogos que teño aquí, polo que ás veces aburrome. Pero pese a iso segue sendo divertido, pois pasas unha semana fora da casa, sen pais, e sin parar de divertirte ou relaxarte sen ninguna preocupación de que mañá haxa exame. 

jueves, 23 de junio de 2011

VACACIÓNS!!!!!

Si, por fin chegan as VACACIÓNS!!!! Tres meses sin ter que madrugar nin pasar 5 horas no colexio nin facendo deberes pola tarde!!!! Quedando constantemente cos amigos e visitando lugares novos e preciosos!!! BEN!!!!

Agora que chegaron as vacacións, vou viaxar a moitos sitios, e vou a ter moitas novas que contar. Sin embargo, pode que tarde moito en escribir algunha nova, posto que... claro, son VACACIÓNS!!!! E hai que disfrutalas a tope!!!! Ou non?


Onte, para acabar o curso, fixemos unha festa no colexio: Cada un trouxo un aperitivo, e  todos bailamos e xogamos moito, rimos a cachón e finalmente cantamos o Aleluia as 2 da tarde.
· Primeiro andibemos co ordenador estudando coñecemento (bueno, a quen quero mintir, estabamos xogando o tetris e a xedrez sin que a profe se enterara) e logo fixemos unha carta e un cartel de benvida a Conchi, a nosa profesora, que estaba de baixa; e outro a María, a profesora que a estaba sustituíndo, como despedida.
·E nada máis acabar o recreo, xa con todas as cousas montadas, comezou a festa! Comimos os aperitivos que trouxemos e bailamos coa música. Xogamos e rimos moito.
·Tamén fomos a outra clase, e alí lanzamos moito, moito confeti por todas partes. Xogamos en compañía e pasamolo moi ben.
· E por último, logo de recoller todo, as 2 h en punto, cantamos o Aleluia e déronnos as notas, que en xeral eran boas. Desexámonos un feliz verán e gritamos <VACACIÓNS!> nada máis salir completamente do colexio.

Non me digades que as vacacións son un rollo, por favor, e agora, DEIXADE DE MIRAR O ORDENADOR COMO UNS PASMAROTES, E IDE CON UN AMIGO A CALQUERA LADO A XOGAR!!!!


VIVAN AS VACACIÓNS!!!!!!!!!!

sábado, 18 de junio de 2011

Granxa Kiriko!!!!

O pasado fin de semana (días 11 e 12 de Xuño) fomos a Granxa Kiriko. A granxa Kiriko é unha granxa escola situada en Fonelos de Montes, nos arredores de Vigo. Alí levamos indo varios anos seguidos e vamos seguir coa tradición.
O sábado as 10 da mañá, todos os rapaces que quixemos asistir montamos no bus xunto a dúas nais e arrincamos.Na granxa Kiriko fixemos inmensidade de cousas: aparte dos longos e divertidos tempos libres na tela da araña no parque, fomos o monte, donde nos ensinaron a seguir rastros (atopamos moitas pegadas, toupeiras e ratoeiras, árbores picados, piñas mordidas; incluso uns pelos de rato de campo nun fento. E tamén atopamos un escornabois vivo, cabaliños do demo, rás... tivemos moita sorte. Faláronnos dos gansos e patos que tiñan (e dixéronnos como diferencialos) e tamén acariciamos e soltamos ao seu rebaño (2 cabalos, 1 vaca, 2 burros e inmensidade de cabras e ovellas. Ah, e tamén collemos coellos). Fixemos varios experimentos, rosquillas caseiras e explicáronnos moitas cousas. Xogamos o bule bule, un xogo de probas moi chulo. Quedamos 2ºs. Pola noite oubo festa (vaia mágoa, non oubo xogos nocturnos) e pasámolo bastante ben sin parar quietos, bailando e brincando. Pola noite acabamos mortos. Foi moi divertido.
Cousas boas:
·Aprendimos moito.
·Estivemos cos amigos e pasámolo xenial nos tempos libres, en compañía.
· Fixemos varios xogos interesantes e chulos.
· Fixemos exploración polo bosque e unha festa moi divertida e con boa música.
·Comimos rosquillas caseiras ¡ñam!
·Pasámolo xenial.

Cousas malas:
· Oubo que madrugar! E era moi caro: 90 €  socio 120 € non socio!!!!
· Non oubo xogos nocturnos.
·Non oubo piscina.
·Non oubo tantos xogos como o ano pasado.
·A conida era rica, pero estaba fría.
·Chegamos moito antes de tempo. Poderíase haber aproveitado ese tempo para ir a piscina!


Mirade esta páxina do cole, onde falan da granxa e ensinan algunhas fotos: http://olardefriancinho.blogspot.com/2011/06/fin-de-semana-na-granxa-kiriko.html

viernes, 10 de junio de 2011

Vamos a Berrande!!!

Ola a todos! Este fin de semana foi un dos millores findes do mundo! E sabedes por que? Porque nos fomos toda a Pandilla Basura a Verín!
Bueno, mais ben a Berrande, a miña aldea por parte de nai, a ensinarlles o pobo e facer rutas polo monte. Deixamos a Lixo en Verín e fomos para arriba, onde lle ensinamos a todos a casa e o pobo. A todos lle encantou. A nosa casa era unha antiga casiña que remodelamos e que lle puxemos un toque 'moderno' sen perder a seu encanto tradicional. Ensinámoslles  a Xuntoira, o Cuartel, a Igrexa, o bar e o parque, o Cruceiro, a fonte... fomos de un  lado a outro (onde os rapaces, cunha lupa, prendemos lume a varias follas).
En canto chegamos e desfixemos a maleta marchamos a Cidadella, unha fermosa ruta que se adentra no bosque seguindo continuamente un río, que acaba nunhas pozas e nunha impresionante fervenza. Hai miradores por todos lados, subimos ata un e observamos a maravilla que era este lugar. Logo baixamos ata onde a fervenza salpica e sacamonos moitas fotos. Logo chegamos ata Portugal, pola ruta do Contrabando, e xogamos un bo partido de béisbol-piña, que é xogar ao beisbol con uns paus e unha piña.
Pola noite xogamos o CLUEDO, co que o pasamos en grande, aproveitando que o día anterior fora venres 13. E logo fomos a dormir ao  faiado, donde o pasamos en grande falando, rindo, e, por desgraza, continuamente acompañandos polo "Gorgonzola" e compañía (O tufo dos pés de Noel).
O día seguinte fomos percorrendo o monte do Cabezo, o principal monte de Berrande, cunhas vistas de media provincia preciosas. Botando pompas de xabón, fomos falando e pasámolo moi ben ese día. Logo fomos comer a Vilardevós, donde xogamos ao balón e ao CLUEDO, que nos enamorou.
 Pasámolo xenial, pero logo foi hora de volver. Queríamos ir as termas de Ourense, pero estaban todas cheas, así que fomos xogar todas a casa de Antía o voley e a penaltis-columpios e logo a Samil, a finca de Noa, a xogar con Cloe e saltar no trampolín.
Sen dúbida, foi un finde inolvidable, e o mellor é que todavía nos quedan dous días de ponte para pasalo en grande!!!!! Mirade este Kizoa das fotos que alí sacamos, a ver se vos gustan:


Súpernoticias do colexio!

Estamos chegando o fin do curso, e agora todo SÍ QUE SE NOS ESTÁ AMONTOANDO!
Para empezar, tivemos moitas excursións: 
·Unha foi ao monte Saians, donde nos ensinaron os ecosistemas de Vigo e fixemos unha preciosa ruta.
·Tivemos outra escursión o Centro de Vigo, ao museo MARCO, onde nos explicaron sobre Martin Creed e a súas obras.  Ademais formamos parte dunha delas: A planta baixa do museo estaba chea de globos, porque Martin quería plasmar o aire nunha das súas obras, e xogamos moito dentro dos globos, onde acabamos cos pelos de punta por mor da electricidade estática. Logo fomos a un bus-escola de GAUDÍ e a súa construcción La Pedrera. Ensináronnos varias maquetas e explicáronnos que Gaudí sempre se fixaba nas formas da natureza para facer as súas obras. 
Mirade estes enlaces para máis información:
http://quintodefrian.blogspot.com/2011/05/dobre-saida.html
http://quintodefrian.blogspot.com/2011/05/excursion-ao-parque-forestal-de-saians.html
O pasado día 24, xuntándoo coa festa das letras galegas fixemos unha maravillosa festa! Mirade o que fixemos:
· Pola mañá fixemos talleres, primeiro con arcilla fixemos animáis e plantas; e logo un colgaportas con adornos de flores e follas.
·Logo realizamos nada máis e nada menos cunha búsqueda do tesouro! (que é unha das miñas actividades favoritas) E inda que o grupo co que me toocou non foi moi confortante, intentei disfrutalo ao máximo e atopar e completar todas as probas. E ademais foi un pracer andar por alí tan libremente ao aire fresco.
·Logo todos quedamos a comer (había pulpeira, hamburguesas empanadas..) xoguei moito coas miñas amigas e inventamos o grupo dos Pinguinos de Madagascar, unha das nosas series favoritas. Incluso atrancamos accidentalmsente un trozo de plastilina dun compañeiro nunha árbore (non me preguntes como, foi unha longa historia).
· Pero o momento máis importante chegou. Era a actuación! Así que corrimos ao escenario, donde Antía e eu limos unha bibliografía sobre Lois Pereiro, autor o que se lle dedican este ano as letras galegas. Logo corremos para a clase e xogamos un pouco a xogos de mesa, mentres había máis actuacións. Logo tocounos a obra de Goldilocks en inglés, donde nos tocaba cantar e bailar. Por sorte saliunos bastante ben. Volvemos para a clase donde reanudamos os xogos e sobretodo estivemos con Iria (a irmá de Roi, que está licenciada en bellas artes) mentres nos axudaba a facer uns carteis e unha guitarra. 
·E por último pasou o mais emocionante: Chegou a actuación do iogur de fresa, (que volvimos a cantar porque as profes lle gustou moito) pero esta vez mellorado: Con catro persoaxes, con cintas na cabeza, unha guitarra... foi todo un éxito. E logo o baile das rapazas, que cada ano melloranse, que tamén causou moita sensación. E mentres bailaban e cantaban outros grupos, fómonos preparando para o mellor... O Waka Waka Frian!!! É unha canción que inventamos os de 5ºA para cantar, e sen dúbida algunha foi unha pasada, un arrasamento, un... espectáculo digno de ver. Foi xenial. 
Mirade este enlace para máis información: http://olardefriancinho.blogspot.com/2011/05/e-como-fin-de-proxecto-grande-romaxe.html
E o pasado día 31, tamén tivemos outra festa, esta vez a das actividades estraescolares. Aquí mostramos os proxectos que realizamos durante o curso nestas actividades. Ademais oubo un interesante concurso de fotografía. Aquí tedes os resultados.Esta foron as actuacións:
·Actuaron todas as actividades extraescolares menos inglés, porque o tivemos moi mal preparado. O que máis nos interesou foi: 
Había unha exposición de informática, e alí poidemos ver os traballos dos que iban a esta actividade (traballos co paint, co Tux Paint e co Gimp 2.6) e conectarnos nos a internet!!! Tamén vimos break dance, onde as nosas amigas fixeron unha brillante actuación, e tenis, donde participaba eu. Logo xogamos todos os amigos un pouco, charlamos e pasámolo ben. Por último déronnos unhas camisetas.

sábado, 4 de junio de 2011

Noticias sobre Lixo

Hola amigos! Como outro mes máis, aquí vos contarei as noticias de Lixo, o gato, na familia. E son bastantes, mirade:
·8º semana: Lixo colle parásitos. Non se sabe se son por causa de ir de novo a Verín e que llos pasase algún can, de ir a praia...Pero localizámoslle moitos, así que enseguida o duchamos e imos ao veterinario, onde nos dan unha ampolla que lle logramos poñer. A partir de aí en Lixo xa non se localizaron máis parásitos.
·8º e 9º semana: Lixo está que escacha coas plantas: rompe unha planta falsa porque ten esparto, colle a flor deste material e lévaa por a casa adiante. Logo escala o tronco da felicidade e acaba quitándolle as follas e por último morde a enredadeira ata que acaba ropéndoa.
·9º semana: Lixo súbese a todas partes, case non hai sitio para por algo sen que Lixo se suba: A mesa da cociña, a do salón, aos muebles e a televisión, a mesa de estudio, as camas, os lavabos, a bañeira...
·Todos os días: E ollo, porque temos a un gato listo: como sempre se sobe a mesa mentras comemos e  o deixamos fora da cociña, Lixo vai o baño e entra pola vantá que da ao patio de luces, e chega a cociña, onde se volve subir a mesa. E logo, cando ten sede, sobe ao lavabo dun chimpo e aproveita a auga que hai na billa, ou lle abrimos nós para que beba. E ademáis sempre se mete na bañeira cando acabamos de ducharnos, para aproveirar a augiña.
27/5/11: Lixo volve ir a praia, pero esta vez atópase cun can xigante e hai una liorta. Ao final oubo que levar a Lixo a descansar ó coche xa que estaba morto de medo.
·Todos os días: Vense a durmir a miña cama. Si, si, el entra e sube a cama, acomódase e alí se queda a durmir ata pola mañá, que me desperta como se fora un despertador laméndome o pixama (que acaba empapado) e mordéndome no pescozo como un vampiro.
· Desde a 9º semana: Cando te descuidas, o baño está a rebosar de papel hixiénico! Tira, tira e tira del... e ao final o baño tíñese de branco. É unha  locura. E hay que estar atento de deixar sempre a tapa do vater  pechada, porque un día resbalou e case cae dentro.


Agora Lixo está supercrecido, xa ten máis color, máis uñas... e máis dentes. É moi listo. Pero ainda así segue sendo igual de cariñoso, xoguetón e encantador que o pimeiro día. É unha maravilla.