viernes, 10 de junio de 2011

Súpernoticias do colexio!

Estamos chegando o fin do curso, e agora todo SÍ QUE SE NOS ESTÁ AMONTOANDO!
Para empezar, tivemos moitas excursións: 
·Unha foi ao monte Saians, donde nos ensinaron os ecosistemas de Vigo e fixemos unha preciosa ruta.
·Tivemos outra escursión o Centro de Vigo, ao museo MARCO, onde nos explicaron sobre Martin Creed e a súas obras.  Ademais formamos parte dunha delas: A planta baixa do museo estaba chea de globos, porque Martin quería plasmar o aire nunha das súas obras, e xogamos moito dentro dos globos, onde acabamos cos pelos de punta por mor da electricidade estática. Logo fomos a un bus-escola de GAUDÍ e a súa construcción La Pedrera. Ensináronnos varias maquetas e explicáronnos que Gaudí sempre se fixaba nas formas da natureza para facer as súas obras. 
Mirade estes enlaces para máis información:
http://quintodefrian.blogspot.com/2011/05/dobre-saida.html
http://quintodefrian.blogspot.com/2011/05/excursion-ao-parque-forestal-de-saians.html
O pasado día 24, xuntándoo coa festa das letras galegas fixemos unha maravillosa festa! Mirade o que fixemos:
· Pola mañá fixemos talleres, primeiro con arcilla fixemos animáis e plantas; e logo un colgaportas con adornos de flores e follas.
·Logo realizamos nada máis e nada menos cunha búsqueda do tesouro! (que é unha das miñas actividades favoritas) E inda que o grupo co que me toocou non foi moi confortante, intentei disfrutalo ao máximo e atopar e completar todas as probas. E ademais foi un pracer andar por alí tan libremente ao aire fresco.
·Logo todos quedamos a comer (había pulpeira, hamburguesas empanadas..) xoguei moito coas miñas amigas e inventamos o grupo dos Pinguinos de Madagascar, unha das nosas series favoritas. Incluso atrancamos accidentalmsente un trozo de plastilina dun compañeiro nunha árbore (non me preguntes como, foi unha longa historia).
· Pero o momento máis importante chegou. Era a actuación! Así que corrimos ao escenario, donde Antía e eu limos unha bibliografía sobre Lois Pereiro, autor o que se lle dedican este ano as letras galegas. Logo corremos para a clase e xogamos un pouco a xogos de mesa, mentres había máis actuacións. Logo tocounos a obra de Goldilocks en inglés, donde nos tocaba cantar e bailar. Por sorte saliunos bastante ben. Volvemos para a clase donde reanudamos os xogos e sobretodo estivemos con Iria (a irmá de Roi, que está licenciada en bellas artes) mentres nos axudaba a facer uns carteis e unha guitarra. 
·E por último pasou o mais emocionante: Chegou a actuación do iogur de fresa, (que volvimos a cantar porque as profes lle gustou moito) pero esta vez mellorado: Con catro persoaxes, con cintas na cabeza, unha guitarra... foi todo un éxito. E logo o baile das rapazas, que cada ano melloranse, que tamén causou moita sensación. E mentres bailaban e cantaban outros grupos, fómonos preparando para o mellor... O Waka Waka Frian!!! É unha canción que inventamos os de 5ºA para cantar, e sen dúbida algunha foi unha pasada, un arrasamento, un... espectáculo digno de ver. Foi xenial. 
Mirade este enlace para máis información: http://olardefriancinho.blogspot.com/2011/05/e-como-fin-de-proxecto-grande-romaxe.html
E o pasado día 31, tamén tivemos outra festa, esta vez a das actividades estraescolares. Aquí mostramos os proxectos que realizamos durante o curso nestas actividades. Ademais oubo un interesante concurso de fotografía. Aquí tedes os resultados.Esta foron as actuacións:
·Actuaron todas as actividades extraescolares menos inglés, porque o tivemos moi mal preparado. O que máis nos interesou foi: 
Había unha exposición de informática, e alí poidemos ver os traballos dos que iban a esta actividade (traballos co paint, co Tux Paint e co Gimp 2.6) e conectarnos nos a internet!!! Tamén vimos break dance, onde as nosas amigas fixeron unha brillante actuación, e tenis, donde participaba eu. Logo xogamos todos os amigos un pouco, charlamos e pasámolo ben. Por último déronnos unhas camisetas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario