sábado, 4 de junio de 2011

Noticias sobre Lixo

Hola amigos! Como outro mes máis, aquí vos contarei as noticias de Lixo, o gato, na familia. E son bastantes, mirade:
·8º semana: Lixo colle parásitos. Non se sabe se son por causa de ir de novo a Verín e que llos pasase algún can, de ir a praia...Pero localizámoslle moitos, así que enseguida o duchamos e imos ao veterinario, onde nos dan unha ampolla que lle logramos poñer. A partir de aí en Lixo xa non se localizaron máis parásitos.
·8º e 9º semana: Lixo está que escacha coas plantas: rompe unha planta falsa porque ten esparto, colle a flor deste material e lévaa por a casa adiante. Logo escala o tronco da felicidade e acaba quitándolle as follas e por último morde a enredadeira ata que acaba ropéndoa.
·9º semana: Lixo súbese a todas partes, case non hai sitio para por algo sen que Lixo se suba: A mesa da cociña, a do salón, aos muebles e a televisión, a mesa de estudio, as camas, os lavabos, a bañeira...
·Todos os días: E ollo, porque temos a un gato listo: como sempre se sobe a mesa mentras comemos e  o deixamos fora da cociña, Lixo vai o baño e entra pola vantá que da ao patio de luces, e chega a cociña, onde se volve subir a mesa. E logo, cando ten sede, sobe ao lavabo dun chimpo e aproveita a auga que hai na billa, ou lle abrimos nós para que beba. E ademáis sempre se mete na bañeira cando acabamos de ducharnos, para aproveirar a augiña.
27/5/11: Lixo volve ir a praia, pero esta vez atópase cun can xigante e hai una liorta. Ao final oubo que levar a Lixo a descansar ó coche xa que estaba morto de medo.
·Todos os días: Vense a durmir a miña cama. Si, si, el entra e sube a cama, acomódase e alí se queda a durmir ata pola mañá, que me desperta como se fora un despertador laméndome o pixama (que acaba empapado) e mordéndome no pescozo como un vampiro.
· Desde a 9º semana: Cando te descuidas, o baño está a rebosar de papel hixiénico! Tira, tira e tira del... e ao final o baño tíñese de branco. É unha  locura. E hay que estar atento de deixar sempre a tapa do vater  pechada, porque un día resbalou e case cae dentro.


Agora Lixo está supercrecido, xa ten máis color, máis uñas... e máis dentes. É moi listo. Pero ainda así segue sendo igual de cariñoso, xoguetón e encantador que o pimeiro día. É unha maravilla.



No hay comentarios:

Publicar un comentario