Agora que chegaron as vacacións, vou viaxar a moitos sitios, e vou a ter moitas novas que contar. Sin embargo, pode que tarde moito en escribir algunha nova, posto que... claro, son VACACIÓNS!!!! E hai que disfrutalas a tope!!!! Ou non?
Onte, para acabar o curso, fixemos unha festa no colexio: Cada un trouxo un aperitivo, e todos bailamos e xogamos moito, rimos a cachón e finalmente cantamos o Aleluia as 2 da tarde.
· Primeiro andibemos co ordenador estudando coñecemento (bueno, a quen quero mintir, estabamos xogando o tetris e a xedrez sin que a profe se enterara) e logo fixemos unha carta e un cartel de benvida a Conchi, a nosa profesora, que estaba de baixa; e outro a María, a profesora que a estaba sustituíndo, como despedida.
·E nada máis acabar o recreo, xa con todas as cousas montadas, comezou a festa! Comimos os aperitivos que trouxemos e bailamos coa música. Xogamos e rimos moito.
·Tamén fomos a outra clase, e alí lanzamos moito, moito confeti por todas partes. Xogamos en compañía e pasamolo moi ben.
· E por último, logo de recoller todo, as 2 h en punto, cantamos o Aleluia e déronnos as notas, que en xeral eran boas. Desexámonos un feliz verán e gritamos <VACACIÓNS!> nada máis salir completamente do colexio.
Non me digades que as vacacións son un rollo, por favor, e agora, DEIXADE DE MIRAR O ORDENADOR COMO UNS PASMAROTES, E IDE CON UN AMIGO A CALQUERA LADO A XOGAR!!!!
VIVAN AS VACACIÓNS!!!!!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario