Ola a todos! Este fin de semana foi un dos millores findes do mundo! E sabedes por que? Porque nos fomos toda a Pandilla Basura a Verín!
Bueno, mais ben a Berrande, a miña aldea por parte de nai, a ensinarlles o pobo e facer rutas polo monte. Deixamos a Lixo en Verín e fomos para arriba, onde lle ensinamos a todos a casa e o pobo. A todos lle encantou. A nosa casa era unha antiga casiña que remodelamos e que lle puxemos un toque 'moderno' sen perder a seu encanto tradicional. Ensinámoslles a Xuntoira, o Cuartel, a Igrexa, o bar e o parque, o Cruceiro, a fonte... fomos de un lado a outro (onde os rapaces, cunha lupa, prendemos lume a varias follas).
En canto chegamos e desfixemos a maleta marchamos a Cidadella, unha fermosa ruta que se adentra no bosque seguindo continuamente un río, que acaba nunhas pozas e nunha impresionante fervenza. Hai miradores por todos lados, subimos ata un e observamos a maravilla que era este lugar. Logo baixamos ata onde a fervenza salpica e sacamonos moitas fotos. Logo chegamos ata Portugal, pola ruta do Contrabando, e xogamos un bo partido de béisbol-piña, que é xogar ao beisbol con uns paus e unha piña.
Pola noite xogamos o CLUEDO, co que o pasamos en grande, aproveitando que o día anterior fora venres 13. E logo fomos a dormir ao faiado, donde o pasamos en grande falando, rindo, e, por desgraza, continuamente acompañandos polo "Gorgonzola" e compañía (O tufo dos pés de Noel).
O día seguinte fomos percorrendo o monte do Cabezo, o principal monte de Berrande, cunhas vistas de media provincia preciosas. Botando pompas de xabón, fomos falando e pasámolo moi ben ese día. Logo fomos comer a Vilardevós, donde xogamos ao balón e ao CLUEDO, que nos enamorou.
Pasámolo xenial, pero logo foi hora de volver. Queríamos ir as termas de Ourense, pero estaban todas cheas, así que fomos xogar todas a casa de Antía o voley e a penaltis-columpios e logo a Samil, a finca de Noa, a xogar con Cloe e saltar no trampolín.
Sen dúbida, foi un finde inolvidable, e o mellor é que todavía nos quedan dous días de ponte para pasalo en grande!!!!! Mirade este Kizoa das fotos que alí sacamos, a ver se vos gustan:
No hay comentarios:
Publicar un comentario