O pasado fin de semana (días 11 e 12 de Xuño) fomos a Granxa Kiriko. A granxa Kiriko é unha granxa escola situada en Fonelos de Montes, nos arredores de Vigo. Alí levamos indo varios anos seguidos e vamos seguir coa tradición.
O sábado as 10 da mañá, todos os rapaces que quixemos asistir montamos no bus xunto a dúas nais e arrincamos.Na granxa Kiriko fixemos inmensidade de cousas: aparte dos longos e divertidos tempos libres na tela da araña no parque, fomos o monte, donde nos ensinaron a seguir rastros (atopamos moitas pegadas, toupeiras e ratoeiras, árbores picados, piñas mordidas; incluso uns pelos de rato de campo nun fento. E tamén atopamos un escornabois vivo, cabaliños do demo, rás... tivemos moita sorte. Faláronnos dos gansos e patos que tiñan (e dixéronnos como diferencialos) e tamén acariciamos e soltamos ao seu rebaño (2 cabalos, 1 vaca, 2 burros e inmensidade de cabras e ovellas. Ah, e tamén collemos coellos). Fixemos varios experimentos, rosquillas caseiras e explicáronnos moitas cousas. Xogamos o bule bule, un xogo de probas moi chulo. Quedamos 2ºs. Pola noite oubo festa (vaia mágoa, non oubo xogos nocturnos) e pasámolo bastante ben sin parar quietos, bailando e brincando. Pola noite acabamos mortos. Foi moi divertido.
Cousas boas:
·Aprendimos moito.
·Estivemos cos amigos e pasámolo xenial nos tempos libres, en compañía.
· Fixemos varios xogos interesantes e chulos.
· Fixemos exploración polo bosque e unha festa moi divertida e con boa música.
·Comimos rosquillas caseiras ¡ñam!
·Pasámolo xenial.
Cousas malas:
· Oubo que madrugar! E era moi caro: 90 € socio 120 € non socio!!!!
· Non oubo xogos nocturnos.
·Non oubo piscina.
·Non oubo tantos xogos como o ano pasado.
·A conida era rica, pero estaba fría.
·Chegamos moito antes de tempo. Poderíase haber aproveitado ese tempo para ir a piscina!
Mirade esta páxina do cole, onde falan da granxa e ensinan algunhas fotos: http://olardefriancinho.blogspot.com/2011/06/fin-de-semana-na-granxa-kiriko.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario