Pois si, amigos, os pasados días 7 e 8 de Abril tivemos no colexio dúas excursións. Interesados? Mirade:
O xoves día 7 fomos a ESAD a acompañar os de 4º curso a represantar unha obra de teatro. A obra chamábase "O espíritu do bosque", unha obra que trata das cousas polas que pasa un bosque enteiro: Dende leñadores, ecoloxistas, clases con rapaces... E que tamén ten humor. Houbo ademáis dúas obras doutros colexios, as dúas xa coñecidas: "Historia dunha sobreira" e... "Mamasiña, que medo!". Si, si, esa obra foi a que representamos David G, David D., Aroa, Lola e eu cando fomos ao concurso de Lectura!!!
Nós facíamos de decorado, vestindo de trasnos, flores, setas, pinos... Foi moi divertido.
Se queredes saber máis desta obra premede aquí.
O día seguinte fomos a Pontevedra, a un museo. Alí ensinárnonos moitas cousas dunha forma moi divertida: rechando unha ficha sobre as diferentes salas. Tiñamos que buscar obxectos, ou sacar conclusións... Sobretodo había que observar e escoitar. Había sobretodo cousas que utilizaban na antigüedade coma muíños, puntas de lanzas e de espadas, machadas de pedra, agullas, unha vasilla de cerámica, restos dunha áncora etc....Había unha habitación que era coma o despacho de Méndez Núñez, tamén unha sala que semellaba a sala de oficiais da Fragata Numancia. Vimos varias salas con distintas maquetas: Da Fragata Numancia, dunha embarcación vikinga, tamén a da Santa María (coñecida como "A Galega") que é o barco co que Colón chegou a América no ano 1.492. Tamén foi moi divertido e interesante.
Mirade este Kizoa do museo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario