O pasado venres 8 de Abril, Noa celebrou o seu cumpleanos na bolera de Samil. Foi un cumpleanos moi chulo, sobretodo cando a boleira se transformou en discoteca (cousa que pasa na mitade da 2º partida para animar o ambiente). A todos nos encanta ir a bolera, é algo difícil ao principio, pero todos nos rimos en amistade e pasámolo moi ben. Antía foi a campiona. Logo na finca de Samil, (unha finca que ten de todo: columpios, mesa de pin-pon, piscina, trampolín, moitos cans e incluso unha cabaña no árbore!) tomamos a tarta, e xogamos e xogamos sen parar. Foi moi divertido.
O seguinte sábado, día 16 de Abril, Laura fixo o seu nun ecoparque. Foi chulísimo, porque había que ir superando probas, superando circuitos, entre as árbores. Había, entre outras: redes, plataformas móbiles, tirolinas... O 1º circuito era o do cursillo de iniciación, o 2º e o 3º eran longos e divertidos, e cando os pasamos, decidímonos lanzarnos o 4º, que era moi difícil. Había plataformas e troncos móbiles separadas entre si un ou dous metros e había que saltar dunha a outra, e outras probas difíciles, tanto de explicar coma de facer. Iso estando a uns 20 metros do chan... ou sexa que millor non mirar abaixo. Moitas veces estabas incluso por abandonar, posto que che doían as pernas e os brazos, pero nos seguimos e valeu a pena.Chegamos ao final. <Hurra!> Dixemos. Laura tirouse pola tirolina, pero ao chegar non se deu agarrado e tivo que remar (empurrarse cos brazos hasta o final), mentres, ao lado, unha chica doutra tirolina dixo <Libre!!!> (é a palabra que hai que dicir para que o outro sepa que se pode tirar) e eu pensaba que era Laura a que o dixera. Entón pechei os ollos e estendín os brazos, ata que escoitei... <Aldara!!!> Eu abrin os ollos e vin que estaban cos brazos estendidos e dixen <Ola amigos, ola!!!> (non entendín o que querían dicir) e cando mirei para o frente... <Ahhhh!!!!!!!!!!!> e ¡CATAPLAF! Chocámonos as dúas. O resto do día rímonos diso e recordamos un cumpleanos maravilloso.
Xa vedes, amigos, aquuí os cumpleanos non cesan, e o millor é que son en sitios orixinais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario