O pasado martes día 22 de Marzo, as clases volvéronnse a mesturar, e os rapaces da antiga clase de 4ºB partimos cara o museo do Marco, no centro de Vigo. Entramos nunha gran sala e regaláronnos a todos os asistentes unha bonita gorra. Oubo un pequeno acto, e nunha pantalla enorme podíanse ver datos da auga e os debuxos dos finalistas, incluído o meu! Logo déronnos o premio, un maletín enormísimo de pintura, e unha consola Wii negra para a gañadora ¡Que morro!
Ao acabar isto tomamos uns aperitivos na cafetería, e falamos a cachón, ata que foi hora de volver e de disolver a clase de 4º B, que pena!!!
Aquí vos deixo un Slide coas fotos desta pequena excursión e unha foto do meu debuxo. Espero que tamén todos vos coidedes ben da auga!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario