Ola a todos!!! Hoxe veño presentarvos un novo desafío: O Spelling Bee. Neste concurso hai que deletrear palabras en inglés, que aínda que pareza fácil, e todo un desafío!
No noso colexio fixemos unha proba para ver quen podería ir ao concurso. As seleccionadas foron Noa Copero e Antía Martínez. Moitas felicidades! Elas dúas traballaron sen descanso, e aprenderon moitísimas palabras novas. O pasado venres 25 de Marzo foron ao auditorio de Caixanova a participar na final do concurso. Apoíamolas moito, pero por desgraza non gañaron. Pero bueno, iso non importa, porque aprenderon moito e o pasaron ben e ademais... recibiron moitos premios! Por exemplo varias camisetas, material escolar e ¡un vale para ver no cine a peli que elas queiran, e outro para xogar ao Paintball!!! Que sorte! Fomos todas a celebrar que chegaran ata alí cunha cea na Gramola, o bar donde celebramos as festas, e foi unha noite moi animada e alegre. Doulle inmensas felicidades a Noa e a Antía e tamén a todos os concursantes do Spelling Bee!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario