viernes, 11 de marzo de 2011

Entroido!!!

Feliz entroido a todos!!! Espero que todos disfrutárades do xenial entroido deste ano... Eu fun de viaxe, e vos, que fixéstedes???
Pois si, eu este ano non me disfracei, porque fixen un viaxe a Bilbao. Noutro momneto  cóntovos como foi alí.  Por sorte no colexio si que fixemos un bo entroido...
Como este ano é sobre os bosques, oubo de todo sobre eles: Setas, osos, árbores, flores... E tamén oubo disfraces sobre a mitoloxía destes lugares,  como bruxas, gnomos... Nós fumos disfrazados de trasnos, os seres mitolóxicos que os habitan. Foi un disfrace precioso, contávamos con un gorro, uns zapatos  e un traxe adornado ao noso gusto un conxuntiño que eleximos nós... O malo foi que tamén nós tivemos que traballar para facelo!!! Pero foi moi dibertido.
Puxémonos de dous en dous e camiñamos pola mazá,  con unhas acompañantes tocando a pandereta e o tambor, e cantando cancións... Ao chegar ao Carrefour falamos a montóns e cantamos as cancións que nos ensinaran: A clásica do Entroido galego e a canción dos bosques "O verde mola" (Unha canción ecolóxica sacada do Waka Waka!!). Logo ao subir poidemos ver a queima do meco, unha tradición de aquí. Ardeu ben, como o pasamos nós tamén.  ( Visitade este enlace para máis información)
E isto é como celebramos o entroido no colexio... En nada vos imformarei como foi  o resto... E vós, se queredes, podedes facer un comentario dicindo como pasástedes o entroido, tanto no colexio como fora, claro está. Ata outra!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario