Ola a todos de novo!!! Como quizáis xa sabedes se vístedes a anterior nova, neste entroido fomos de viaxe a un novo sitio... Bilbao!!! Alí, eses cinco días pasámolo xenial, mirade o que fixemos:
·O peor de todo foio longo viaxe ( 6 horas ), pero entretuvímonos bastante mirando o verde de Bilbao e o branco de Galiza (Si, por aquí todos os montes estaban nevados...), escoitando música e lendo libros interminables nas chairas de León...
·Fixemos unha parada en Burgos: Vimos a catedral, paseamos polas súas rúas e comimos unha pizza do lugar: O queixo, o xamón, o choirizo, o pan...
·Fomos de ruta polos inmensos bosques de Bilbao, para concretar máis, a Santimamine, unhas grandes montañas donde se practica expeleoloxía e se podía entrar na cova, e onde se atopaba o Bosque Pintado, un bosque cheo de color donde depende de donde te poñas, podes ver miles de figuras... Tamén fomos a un pobo: Gernika, onde estaba o Museo da Paz. Os prados de alí eran moi verdes, e as casas estaban restauradas e integradas na paisaxe...A xente bailaba un baile típico e celebraba o entroido.
· Logo disto fomos a cenar, coa posta de Sol no mar, a Bakio, un lugar donde hai una caseta nun monte que se alza no mar, unido a terra por unas cincocentas escaleiras polas que hai que subir para entrar. Nós non fomos porque estaba pechada, pero a comida do bar era moi rica, e este era precioso.
· Fomos ao ponte de Portugalete, un ponte que une o pobo de Guetxo con Santurce, os cales están separados pola ría. É unha ponte de ferro de 50 m. de altura, con 16 cablesantes que transportan a barquilla colgante, que leva os coches e as persoas dun lado a outro ( Resulta que os quilometros que fixo a barquilla indo e vindo na súa hitoria era como dar 31 voltas a Terra. Todo isto averiguámolo cando subimos arriba e atravesamos a ría pola parte superior do ponte, donde uns altavoces explicaban toda a súa hitoria. Tamén dicían, por exemplo, que varios pilotos pasaran co avión por debaixo do cablesante do ponte, recibindo como premio unha multa da autoridade. As vistas dende alí eran preciosas, e as rúas outro tanto, con tantos carrís bicis...
·Logo fomos ao porto vello de Gexto, un pobo pequeno a beira do mar, cheo de callexóns intrigantes e casas moi antigas... Alí foi donde patinei por primeira vez en patíns... de noite!!!
·E por suposto, tamén estivemos en Bilbao, e visitamos o famoso museo Guggenheim, e as súas inmensas obras. Había esculturas de todo tipo, por exemplo unha araña no medio do río, o can de flores a tamaño xigante xenial conservado da entrada... Recorrimos o casco vello da cidade dun lado a outro. Por alí tamén reinaba o carril bici, xunto co tranvía e o metro, donde montamos para volvar a casa. Alí tentei manter o equilibrio de pé mentres este circlaba a toda velocidade, e parecía que facía salto de esquí. Tédelo que probar, de verdade.
· O resto foi recorrer o pobo donde nos aloxábamos, Leioa, tan confortáblemente na casa duns amigos de miña nai, con rúas bastante bonitas, parques de ancianons por todos lados, unha inmensa pista de profesionais das bicis para facer piruetas e varios paseos por campos e lagoas...
Na seguinte entrada, móstrovos os Slide's sacados deste viaxe. Son varios, porque disto sacamos moitas pero moitas fotos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario