Hai tempo que vos anunciei de que este ano era o ano internacional dos bosques, e nós no colexio estamos preparados para traballar este tema a fondo... Por iso fixemos un noticieiro ecolóxico sobre os visóns invasores (Non sabedes que é un visón? É un mamífero carnívoro da familia dos mustéritos, habitante en américa e en europa). Estades listos?

Resulta que en américa fixeron una fábrica peleteira para comerciar coa pel destes animais e, intentando evitalo, uns ecoloxistas soltáronos destes criadeiros.O problema foi que estes animais chegaron a nado as nosas costas, e están invadindo o territorio do visón europeo, xa que eles son mais grandes e resistentes e pásanlles graves enferidades as especies da zona, e chegan tamén a comelas.
Pero bueno, para enterarvos ben disto, mirade este noticieiro ecolóxico que os de 5ºA fixemos para saber correctamente o que pasa:
Noticieiro ecolóxico: Visóns invasores
No hay comentarios:
Publicar un comentario