lunes, 2 de mayo de 2011

Todo se amontona este finde!!!!!

Pois si, temos unha semana chea de cumpleanos e traballos do colexio, e xa se nos amontonou todo outra vez! Mirade por que digo isto:
Dentro do colexio:
· No cole andan a visitar todos os árbores do colexio. A cada clase asignóusenos un árbore. A nosa clase tocoulle a camelia. Mirade este enlace para máis información.
· O venres tocounos apadriñar a un rapaz de  infantil durante a hora de ler. Tivémoslle que contar un conto. A min tocoume Mario, de 5 anos B. Conteille. A que sabe a  Lúa? e Pica rasca, e por último regaleille una bolsa de gominolas. O tío quedou supercontento.
· Inda pra mais, para o día da poesía vamos ter que representar a obra de Goldilocks (Rizitos de oro) en inglés e a nós tócanos cantar e bailar!!! Supoño que xa vos contarei mais sobre isto nunha nova. 
· E ademais tivemos que facer, tamén para ese día, dous murais por clase de dous poemas (un en galego e outro en castelán) que se chaman ¡A volar! e Campaíñas do Courel. Clicade aquí para ver o Kizoa donde están os nosos traballos e os de 5º B.
 Fora do colexio:
· Foi un finde de cumpleanos! O venres 29 tivemos o cumpleanos de Candela F. e fomos a comer a unha pizzería e  a xogar ao patio que está enfrente da súa casa ao asesino. Logo algúns quedámonos a durmir e pasámolo moi ben. (Inda que logo acabamos agotados porque nos durmimos ata as 5 da mañá.
·  E o peor foi que pola tarde tiña outro cumpleanos: O de Noa Carme no zoo. Inda que había o de outros anos sorprendeume unha curiosidade: Que as panteras non existen, senón que son guepardos e jaguares que nacen negros. Logo o saír xogamos e falamos moito, e pasámolo moi ben. Foi moi divertido.
· Logo o domingo tiven que facer todos os deberes ( :{ ) e pola tarde fun a casa das miñas primas Andrea e Raquel e pasámonos alí ata as 9 da noite.

Xa vedes, un finde supercompleto. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario