Meu pai levaba tempo cavilando nunha excursión para todos os pais e fillos da ANPA que estivesen animados, e o resultado foi moi confortante: O meu tío Xosé explicou e adentrou a todas as familias nun intrigante pasado cheo de lendas e sucesos fantásticos.
A ANPA fixo púbica esta andaina e moitas familias saíron da casa para vir pasar esta emocionante excursión polo Monte Vixiador, donde todos fixemos un viaxe pola historia e coñecemos moitas lendas e sucesos prehistóricos, ademais de pasar un bo rato todos xuntos. Primeiro adentrámonos no Neolítico, donde visitamos moitas mámoas, que son una construcción formada por 7 pedras e unha cubrindoas donde enterraban as persoas hai uns 6.000 anos. Logo adiantamos 2.000 anos ata a Idade de Bronce, donde descubrimos petroglifos nas rochas e incluso calcamos un entre todos ( que quedará enmarcado na ANPA) e donde meu tío nos contou a lenda da Santa Compaña. Pouco despois adentrámonos na Idade do Ferro, e chegamos ata o Castro de Negros, un pobo derruido cunhas vistas impresionantes donde nos contaron a lenda da Moura con forma de serpe, na que moitos mozos morreron intentanto desencadeala do seu feitzo, e as "camas" onde na lúa chea se tumbaban os nenos e maiores para curarse das enfermidades que ninguén daba curado.
Claro que, despois de viaxar o pasado e camiñar tanto, abríusenos o apetito, e fomos comer ao monte Vixiador. Pola tarde, os rapaces fomos o zoo, donde fixemos unha visita aos animais e xogamos no parque durante horas e horas, e nos empapamos porque este parque estaba cheo de charcos, xa que chovera antes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario