Si, si, porque foi un finde moi completo. Este fin de semana miña nai foise a un cursillo e meu pai e eu quedamos sós... Mirade as cousas dos findes como estos:
1 - O sábado fumos a andar en bici cos meus amigos pola ruta da Auga, unha ruta por donde pasa a auga a nosa e a outras cidades. Ao final chagamos moi de noite, pero valeu a pena, porque esa ruta é preciosa. Ademais, a volta deixáronnos solos no coche e montamos un rebumbio... jajaja, tíñades que estar alí.
2- O domingo, fomos a casa dos meus avós, e estiven xogando coa miña prima e con PELOTI, a miña pelota de tenis da que nunca me separo. Ata inventei un xogo chamado Cachalote, que é una mezcla de tenis, baloncesto e balonmano. Noutra nova cóntovos sobre el. O caso é que a pelota fóisenos a casa dos veciños 4 veces, e 2 desas pasáronnola eles, pero as outras dúas non estaban na casa e tiven que escalar o muro que divide as fincas e pasar a casa veciña. En serio.
3 - Logo xogamos unhas partidas Mariokart con personas de todo o mundo e coas miñas primas, cada unha dende a súa casa, grazas a conexión a Internet.
Estes fins de semana son os millores, enserio, a vós no vos gustan? Ou todavía non os probastes? Pois non sabedes entón o que vos perdedes!
No hay comentarios:
Publicar un comentario