sábado, 5 de febrero de 2011

Todo se amontona no colexio!

Pois si, amigos, todo se amontona porque estes días estamos a ter varios eventos importantes, mirade que clases tivemos esta semana!:
Bueno, non foi esta semana, pero foi o venres pasado, e tamén hai que incluilo, porque o día da paz e moi importante. A súa festa celebrouse no salón de actos e vimos de todo: Unhas editoriais ecóloxicas, poemas, cancións, obras de teatro... Pero aire fresco agradecíase, xa que estábamos algo apretuxados. Por iso logo fomos ao patio a cantar as cancións que aprendimos de memoria.
Pero logo chegaron as excursións (Por fin! Había tempo que non íamos a unha!). E non foi outra cousa que... dúas seguidas! Si, si, dúas seguidas. O día 3 fomos ao casco vello de Vigo, pero faláronnos... en inglés! Era unha especie de competición de haber quen coñecía máis o casco vello en ingés, e pasámolo xenial, xa que ía cos meus amigos no meso grupo: <<The Crazy Pirates>> (Os piratas tolos). O seguinte día, o 4 de Febreiro, fumos a ver unha ópera bufa o teatro de Caixanova. Dous días de saídas!
Por se fora pouco, o da Paz todavía non acabou, porque a semana que ven tócanos ler a editorial ecolóxica e facer o debate dos alimentos tranxénicos! Vaia! parece que todo se amontoou para agora!

1 comentario:

  1. Tes razón Aldara eses días todo amontousenos
    todo un pouco.
    CANDE

    ResponderEliminar