O pasado 20 de febreiro celebrouse unha camiñata para a defensa do monte Galiñeiro, donde pensan facer uns muíños de vento. Pero por suposto, iso non o vamos a permitir!!!
Deixamos o coche uns quilómetros antes e fómonos quentando. A camiñata ía empezar! O camiño era as veces moi pedregoso e deformado pola auga, e sobretodo tiña moitas costas. Pero é normal, porque nos atopamos subindo o monte Galiñeiro!!! Os chuvasqueiros e paraugas non paraban de ser utilizados, porque o tempo estaba alterado e chovía un tramo e paraba outro. Subimos douscentos metros, e, xa case no cumio, a néboa envolveunos completamente. Máis valía non separarse do grupo, porque con esa inmensa nube blanquecina un podíase perder.
Algúns tiveron que abandonar pola dificultade do camiño... Pero nós seguimos ata o final!!! Chegamos cansos, pero xusto entón...saliu o sol!!! Dende o cumio víase todo Vigo e a súa inmensa ría! Era un panorama precioso. Alí leron un discurso e a verdade daba moita pena converter iso nun horrible campo eólico. Despois de repor forzas cun bocata e chocolate, a baixada empezamos e o sol desapareceu deixando chuvia. Baixamos por outro camiño, e o descenso non foi nada fácil porque a terra estaba bastante enchoupada, pero coa compañía dunhas amigas, pasamos unha menos cansante volta.
Ao chegar estabamos a mar de fatigados, pero moi felices de facer esta fermosa ruta e por intentar salvar o monte, a pesares de ter a compañía incansable da choiva e da néboa, e, iso si, un montón de cans!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario