sábado, 12 de febrero de 2011

Rugbi no cole

O pasado día 11 de febreiro, no colexio tivemos unha visita moi especial... Viñeron dous homes a darnos clases de rugbi!
E eses dous homes eran xogadores do único equipo de Vigo de rugbi, a ensinaronnos os reglamentos do rugbi, e logo fixemos uns xogos moi divertidos. Sabíades que o rugbi é o deporte con máis regras do  mundo? Pero iso non significa que sexa aburrido. Trata de facer placaxes ao adversario para que non poña o balón nunha portería, que é o que ten que facer o teu equipo, pero só se poden facer pases para atrás. Os placaxes non é botarse enriba do contrario, senón frealo "abrazándoo". Ademais o balón non pode rebotar ao poñelo na portería no chan, senón o gol é inválido. E sobretodo, os pases deben ser horizontais, non bombeados ou a estilo xabalina, porque senón e máis fácil que che bloqueen.
Os xogos foron moi divertidos, e todos o pasamos xenial. Eles dixéronnos que esta temporada estano facendo moi ben e queren pasar a 1ª división. Xogan todos os domingos as 11 da mañá, e se queredes, podedes ir alí a animalos!
Se premedes na imaxe iredes directamente a páxina web do club de rugbi de Vigo.
                                                            

No hay comentarios:

Publicar un comentario