Que tal vos foron a vós estas vacacións de Nadal??? A min maravillosas. Mirade o que fixen e o que me regalaron:
Ata o día 26 foi algo aburrido porque estivemos en Verín, pero logo marchamos para Berrande e paseino en grande, porque salimos por aí a corretear, xogaos unas partidas a Nintendo Ds, botamos uns partidos de fútbol superreñidos e vendimos bicas: ¡¡¡30!!! Si, pedín 30 bicas e vendinas todas, inda que foi difícil porque tiña competencia dos outros nenos...
Volvímonos a reunir todo o grupo, que so sucede dúas veces o ano: Só nos xuntamos Brais, Breixo, Noelia, Sandra e eu en verán e en Nadal. ¡Que alegría poder volver estar xuntos toda a panda de novo! Foi unha pena que non nevara, como no ano pasado, porque se nevara pasaríamolo... ¡¡¡INMELLORABLE!!! Pero bueno, xa iremos a Manzaneda coa Pandilla Basura.
E que hai dos regalos??? Pois este ano viñeron a tope, moitas máis cousas das que pensei:
-Dous libros: un para o colexio e un de Mitos de 760 e pico páxinas!!!
-Un reloxo moi moderno e orixinal, cor verde.
- Unha bolsiña para quentar os pés pola noite (que ben, co que a necesitaba! =P)
-Un xogo de Wii: Wii Play Motion
-O xogo de mesa de Atrapa un Millón!!!
-Unha Nintendo 3DS edición limited Zelda e unha funda para ela!!!!!
Chuli! Estas Navidades, a pesar de non notarse moito o espíritu navideño nen sequera na cabalgata de Reis, que foi moi sosa, foron moi chulas! E vaia regalazos! Que tal as vosas vacacións? Podedesme comentar que tal vos foron as vosas e que vos regalaron mediante un comentario, e non vos perdades as novas enquisas da páxina de Test e Enquisas!