lunes, 31 de enero de 2011

Excursión a Poza da Moura

Ola! Esta vez preséntovos o primeiro viaxe dende que teño o blog (Claro que xa fixen máis antes) e que é a unha fervenza en Domaio, de camiño a Cangas. Inda que chegar a ela e algo complicado, é moi bonita, as vistas da ría de Vigo son preciosas e para bañarse no verán está xenial (O que pasou e que  eu tiña ganas de meterme igual, así que resbalei e alá me fun).
Trata dun pequeno muíño polo que pasa a auga, aínda que está abandonado, dun río. Seguindo por ese camiño atópaste cun ponte,o cal atravesa o mesmo río que xusto alí, nese punto, convértese nunha pequena fervenza cunha poza perfecta para bañarse. Alí hai grandes pedras nas que da agusto tomar o sol, e se queredes relaxarvos coa natureza, e totalmente recomendable.
Mirade este Slide para saber máis como era:

lunes, 24 de enero de 2011

Día da paz no colexio

Ola outra vez!!! Agora xa se acerca o día da paz, e como é moi importante, dedicareille uns días no blog. Para empezar ben o día no colexio xa fixemos moitos traballos interesantes sobre ela.
Vaia! este ano tócanos falar sobre o planeta Terra!!! Un planeta que hay que protexer e evitar que sucedan as peores cousas para el, porque a vez tamén sucederá para nós. por iso vamos facer un debate dos alimentos transgénicos do que xa vos contarei. En fin, para traballar este día tan especial, decidimos cantar unhas cancións chamadas "Está llorando el Sol" de Cómplices e " Mira más allá" de hermana Tierra, e moitísimas outras cancións que nos foron ensinando e todas bastante chulas. Fixemos un vídeo destas dúas canciós, xa que as tivemos que aprender de memoria e xesticular coa axuda da profe de música.  Ademais estamos facendo un mural de alumnos no que incluír moitas cousas, entre elas poemas da paz ( O cal xa vos recitarei mais adiante) e moitas obras de arte. E por suposto, o día da paz faremos unha importante festa na que todos participaremos e (supostamente) o pasaremos ben. Pero iso xa será outra nova que vos redactarei mais adiante.
Para mais información visitade este enlace: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipfrian/category/33/159

jueves, 13 de enero de 2011

Estreamos os ordenadores!!!

Por fin, no colexio, xa utilizamos os ordenadores para facer miles de traballos.

Os ordenadores xa levaban moito tempo no colexio, mais non os podíamos utilizar porque había que facerlle  moitos arranxos e añadirlle programas. Pero, por fin, o pasado día 12 de Xaneiro debutamos con eles!!! A verdade é que son preciosos, e da gustos telos nas mans. Ai que ter moito coidado e respetar as normas, pero todos sabemos que con eles alí a clase será mais animada. A partir de agora, a nosa aula cambiará. Cos ordenadores nas gadoupas, aos rapaces non hai quen nos pare!!!(Aínda que seguimos preferindo o recreo).
 

jueves, 6 de enero de 2011

Se queredes informarvos mais, mirade estes enlaces

 Ola a todos!!! Supoño que quizais vos pareza que agora este blog está algo incompleto, pero, claro, todavía e novo... En fin, quería dicirvos que eu tamén teño un FACEBOOK, no que podedes ver tamén algunhas novidades, para mentervos algo informados se queredes. Esta e a dirección do meu perfil do Facebook:

http://www.facebook.com/profile.php?id=100001258940634

Aparte diso, tamén temos un blog do cole que me encantaría que mirarades porque paréceme moi completo e ben feito. Se vos interesa, clicade aquí:

http://quintodefrian.blogspot.com/

Grazas por mirar estes blogs!!!! E se non os mirades, pois nada, que vos divertades!!!

miércoles, 5 de enero de 2011

UN BELÉN VIVINTE!!!

Ola de novo!!! Xunto o meu blog, empezou o ano, como seguro que xa sabedes. E, según creo eu, hai que disfrutar do Nadal... ao grande!!!! E así e como fixeron os profes e alumnos dun colexio de educación especial que está en Samil.
Fixeron un Belén viviente con todo tipo de materiais!!! As persoas disfrazáronse e actuaron, e logo diso todos fomos ao escenario e andibemos por alí libremente... Fun cun amigo e de verdade impresionounos moitísimo.
Mirade este SLIDE e veredes o realista que era:


Ola! Benvidos o meu blog!!!!

Ola a todos! Chámome Aldara e vivo en Vigo. Estudo no cole Frian e teño uns amig@s fabulos@s. Gústame moito a Natureza e os deportes e teño moitas ganas de contarvos aquí os meus viaxes e as novedades que hai día tras día.
¡Benvidos o meu blog e que disfrutedes de el!