Ola outra vez!!! Agora xa se acerca o día da paz, e como é moi importante, dedicareille uns días no blog. Para empezar ben o día no colexio xa fixemos moitos traballos interesantes sobre ela.
Vaia! este ano tócanos falar sobre o planeta Terra!!! Un planeta que hay que protexer e evitar que sucedan as peores cousas para el, porque a vez tamén sucederá para nós. por iso vamos facer un debate dos alimentos transgénicos do que xa vos contarei. En fin, para traballar este día tan especial, decidimos cantar unhas cancións chamadas "Está llorando el Sol" de Cómplices e " Mira más allá" de hermana Tierra, e moitísimas outras cancións que nos foron ensinando e todas bastante chulas. Fixemos un vídeo destas dúas canciós, xa que as tivemos que aprender de memoria e xesticular coa axuda da profe de música. Ademais estamos facendo un mural de alumnos no que incluír moitas cousas, entre elas poemas da paz ( O cal xa vos recitarei mais adiante) e moitas obras de arte. E por suposto, o día da paz faremos unha importante festa na que todos participaremos e (supostamente) o pasaremos ben. Pero iso xa será outra nova que vos redactarei mais adiante.
Para mais información visitade este enlace: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipfrian/category/33/159
No hay comentarios:
Publicar un comentario