Ou Hallowen, como quiras chamarlle. O importante é que si, fomos celebrar o Samaín ao pobo de Noa, e pasámolo... de medo!
O primeiro que fixemos ao chegar alí foi saír a esplorar o pobo, e, de paso, vender bicas para a excursion de fin de curso. Vendímolas todas entre Gomesende e o Noval, o pobo do lado. E logo dunhas cantas partidas ao Trivial, puxémonos os disfraces e fixemos as nosas cabazas. Eu iba disfrazada de esquelete, Noa de noiva cadáver, Noel de Muerte e Iván de Vampiro. Foi unha pena que Antía e Brais non puideran vir por culpa de partidos de voley e futbol.
Pero o mellor de todo foi pola noite, xa que volvimos a saír sós polos dous pobos e empezamos a pedir Truco ou Trato!!! Coñecemos a persoas moi amables, e outras... non tanto. Pero o caso é que o pasamos xenial.
Pola mañá fomos ao ceminterio e tamén saudamos ao noso amigo Sultán (un can o que na última visita fíxonos compañía e co que fixemos boas amizades), e fomos deixar as cabazas que fixéramos a noite anterior polo pobo adiante: en casas abandonadas; en casas dos que nos deran caramelos, na fonte e na placiña...
Tamén quixemos ir a Castro Leboreiro, en Portugal, pero perdímonos e estivemos dando voltas e voltas en círculos durante horas...
A pesares disto, foi todo maravilloso, pasámolo xenial. Aquí vos deixo unhas imaxes:
No hay comentarios:
Publicar un comentario