martes, 17 de mayo de 2011

Dia das letras galegas

Hoxe e o día das letras galegas! E aquí, en Vigo, hai moitos museos e lugares nos que se celebra este día, por exemplo, o museo do VERBUM, desde onde agora estou escribindo esta nova grazas a un ordenador táctil, manexado por un IPad, que mola mazo!
Aquí hai moitas actividades dedicadas a Lois Pereiro, o autor o que se lle dedican as letras galegas, e diversas actividades como por exemplo a posibilidade de ler un poema deste autor, mentres te gravan para meter logo nunha recopilación. Tamen hai esquemas onde aparecen as distintas linguas do mundo país por país, os que están en perigro e as oficiais.
Vamos, que aquí hai moita cultura e información interesante para quen sepa buscala.

lunes, 16 de mayo de 2011

Viaxe a prehistoria!!!

Meu pai levaba tempo cavilando nunha excursión para todos os pais e fillos da ANPA que estivesen animados, e o resultado foi moi confortante: O meu tío Xosé explicou e adentrou a todas as familias nun intrigante pasado cheo de lendas e sucesos fantásticos.

A ANPA fixo púbica esta andaina e moitas familias saíron da casa para vir pasar esta emocionante excursión polo Monte Vixiador, donde todos fixemos un viaxe pola historia e coñecemos moitas lendas e sucesos prehistóricos, ademais de pasar un bo rato todos xuntos. Primeiro adentrámonos no Neolítico, donde visitamos moitas mámoas, que son una construcción formada por 7 pedras e unha cubrindoas donde enterraban as persoas hai uns 6.000 anos. Logo adiantamos 2.000 anos ata a Idade de Bronce, donde descubrimos petroglifos nas rochas e incluso calcamos un entre todos ( que quedará enmarcado na ANPA) e donde meu tío nos contou a lenda da Santa Compaña. Pouco despois adentrámonos na Idade do Ferro, e chegamos ata o Castro de Negros, un pobo derruido cunhas vistas impresionantes donde nos contaron a lenda da Moura con forma de serpe, na que moitos mozos morreron intentanto desencadeala do seu feitzo, e as "camas" onde na lúa chea se tumbaban os nenos e maiores para curarse das enfermidades que ninguén daba curado.
Claro que, despois de viaxar o pasado e camiñar tanto, abríusenos o apetito, e fomos comer ao monte Vixiador. Pola tarde, os rapaces fomos o zoo, donde fixemos unha visita aos animais e xogamos no parque durante horas e horas, e nos empapamos porque este parque estaba cheo de charcos, xa que chovera antes.

Todos o pasamos xenial, pero que xenial, e sen dúbida algunha chegamos a casa cheos de cultura e cuns recordos sorprendentes dunha viaxe fermosa. Para máis información, mirade este Kizoa e visitade o blog de María donde atoparedes fermosas palabras.


miércoles, 11 de mayo de 2011

Nova páxina de Test e Enquisas!!!

Ola a todos, amigos! Non sei se vos fixastes, pero teño unha nova páxina no blog: Test e Enquisas.
Nesta páxina recollerei as vosas opinións para que nas próximas noticias sexan máis chulas.  A cada semana, ou quincena, irei poñendo algunha que outra pregunta. Quero ver moitos comentarios... 
Amigos, animádevos a participar nesta páxina!

lunes, 2 de mayo de 2011

Todo se amontona este finde!!!!!

Pois si, temos unha semana chea de cumpleanos e traballos do colexio, e xa se nos amontonou todo outra vez! Mirade por que digo isto:
Dentro do colexio:
· No cole andan a visitar todos os árbores do colexio. A cada clase asignóusenos un árbore. A nosa clase tocoulle a camelia. Mirade este enlace para máis información.
· O venres tocounos apadriñar a un rapaz de  infantil durante a hora de ler. Tivémoslle que contar un conto. A min tocoume Mario, de 5 anos B. Conteille. A que sabe a  Lúa? e Pica rasca, e por último regaleille una bolsa de gominolas. O tío quedou supercontento.
· Inda pra mais, para o día da poesía vamos ter que representar a obra de Goldilocks (Rizitos de oro) en inglés e a nós tócanos cantar e bailar!!! Supoño que xa vos contarei mais sobre isto nunha nova. 
· E ademais tivemos que facer, tamén para ese día, dous murais por clase de dous poemas (un en galego e outro en castelán) que se chaman ¡A volar! e Campaíñas do Courel. Clicade aquí para ver o Kizoa donde están os nosos traballos e os de 5º B.
 Fora do colexio:
· Foi un finde de cumpleanos! O venres 29 tivemos o cumpleanos de Candela F. e fomos a comer a unha pizzería e  a xogar ao patio que está enfrente da súa casa ao asesino. Logo algúns quedámonos a durmir e pasámolo moi ben. (Inda que logo acabamos agotados porque nos durmimos ata as 5 da mañá.
·  E o peor foi que pola tarde tiña outro cumpleanos: O de Noa Carme no zoo. Inda que había o de outros anos sorprendeume unha curiosidade: Que as panteras non existen, senón que son guepardos e jaguares que nacen negros. Logo o saír xogamos e falamos moito, e pasámolo moi ben. Foi moi divertido.
· Logo o domingo tiven que facer todos os deberes ( :{ ) e pola tarde fun a casa das miñas primas Andrea e Raquel e pasámonos alí ata as 9 da noite.

Xa vedes, un finde supercompleto.