lunes, 22 de agosto de 2011

Guía turístico por Vigo!

A pasada semana do 9 ao 17 de agosto viñeron uns amigos de Barcelona: Coia, unha amiga de meu pai na infancia, con Jaume, os seu marido, e Marc, o seu fillo. Durante esa semana estivemos a cañecer Vigo e arredores a tope. Mirade o que visitamos:

·Vigo por dentro: En varios días visitamos o centro, o museo Marco, o náutico, Bouzas, Castrelos, e por suposto as praias.
·Un destes días fomos tamen as illas Cíes, as illas que hai en Vigo. Dela visitamos a praia de Rodas, o Alto do Príncipe, o camping... e disfrutamos coa súa fermosura.
·Redondela: No pobo que hai ao lado de Vigo, cenamos nun muiíño e fomos coñecer o casco vello de Redondela, por certo precioso.
· A praia de Nerga, unha preciosa praia na que nolo pasamos moi ben xogando a pelota, ao UNO, na auga...
·Fomos tamén a  Vilanova de Cerveira, en Portugal, donde os maiores foron coñecer pobo mentres nos estivemos no campo de minigolf e no parque acuático!!! Foi superchulo.
· Tamén os maiores foron un día a Santiago; capital de Galiza, onde se atopa a Catedral e un casco vello precioso que non pararon de visitar.

Foi moi chulo estatr con eles, pola noite xogábamos todos unhas boas partidas de CLUEDO e de Continental. Ademais pola noite Marc e eu xogábamos a escondidas a DS...ji ji ji...
E supoño que eles tamén o pasaron xenial, e coñeceron moitos lugares novos. Foi unha semana moi divertida e ajetreada.

miércoles, 10 de agosto de 2011

Kizoas do Ancoradoiro!!!

Si, aquí tedes os Kizoas das aventuras de Muros, que podedes ler na nova 'Estou en Muros!!!'.

Neste Kizoa preséntovos o Ancoradoiro e as praias de Lariño e Areamaior.



Ancoradoiro e praias - diapositivas


E neste Kizoa móstrobos Muros e a feira medieval de Noia.




Muros e Noia - foto montaje

Aquí podedes ver as diapositivas de Fisterra, o "fin do mundo":





Aquí podedes ver os petroglifos da Cova de Jatos e a fervenza do Saias de noite.


Petroglifos e fervenza - diapositivas

Aquí, podedes ver como era a boca do río da praia de Carnota, donde hai auga quente, e os horreos de Carnota e de Lira.


Boca do río-Carnota - diapositivas

E por último, aquí tedes as diapositivas do Castro de Baroña, a onde fomos o último día. O ambiente era precioso e misterioso grazas a néboa que envolvia o lugar.

martes, 2 de agosto de 2011

Estou en Muros!!!!!!!!!!

Por fin!!!!!!!!!!!!!!!!!!! Estou no Ancoradoiro,  nuns apartamentos no concello de Muros, onde nos aloxamos estes primeiros 15 días de Xulio.Un lugar donde só tes que salir da casa para ter a praia diante das túas 
narices!!! 
Somos varios: Miña naimeu paiCelsa (a miña tía)Xulia e euAquí sempre o paso ben, grazas a que non paramos de visitar sitios novos e de xogar cos meus amigos do ano pasado, que sempre quedamos para estes días: Clara, AnaCandelaBlanca, Juan, PabloDaniel...
Cheguei o venres 1 de Xulio, coa Celsa de Verín, da semaniña que pasei alí (mirade a nova "Ando por verín!", para máis información)Enseguida me veu saludar Clara, e fomos a praia a xogar. Normalmente estou xogando incansablemente cos meus amigos: Ao futbolín, a cazar caranguexos, na auga, ao Monopoly, ao fútbol e ao baloncesto, na barca do tío Nicky...


Os apartamentos eran unha antiga fábrica desalgadora, que recombertiron, e utilizaron como apartamentos. A sala principal ten un comedeiro para churrascada, un futbolín e un pequeno parking pouco utilizado. Hai un xardín enorme, onde temos unha casiña do árbore e donde cultivan diversas plantas. Seguindo hai unha cafetería e unha terraza, que da directamente á praia do Ancoradoiro, onde sempre xogamos buscando caranguexos ou nadando, e meténdonos  nas barcas "Mónica" e "Arroaz II". A esquerda atopábase unha cetárea, e seguindo atopámonos coa praia de Arealonga. Ten grandes dunas e unha tranquilidade excepcional. A dereita, o parking e a entrada do ancoradoiro, e máis para alá, a praia de Lira, que ten moita resaca e acaba nun bonito faro. Hacia o norte do Ancoradoiro atopamos o camping.
Estos días xogamos moito na praia, e visitamos lugares:
·Muros: vamos a Muros dúas veces por semana para comprar comida. Ademais, o día 6 fomos con Carmela, Martiño e Diego tomar un aperitivo e o día 7 fomos ver un concerto de mercedes Peón. E un día    fixemos unha ruta polo barrio de Miraflores, onde atopamos moitas iglesias e cruceiros e unha vista espléndida da ría de Muros.
·Praias Acoradoiro, Arealonga e Lira: Na do Ancoradoiro sempre xogamos, bañámonos ou tomamos o sol, e na de Lira e Arealonga paseamos varios días pola mañá, xa que son moi longas.
·Fisterra: Visitamos as praias do Rostro e Mardefora, e comemos no Restaurante do faro de Fisterra, onde disfrutamos coas preciosísimas vistas do oceáno. Era maravilloso estar no "fin da terra".
· Boca do río: Igual que o ano pasado, tamén visitamos a boca do río da praia de Carnota, onde ai unhas xeniais pozas de auga... quente! É  un lugar preciso, un gran ecosistema e un lugar fantástico para bañarse.Tamén visitamos o bonito apartamento de pedra con vistas e camiño a praia e o mar de Carmela, unha amiga de miña nai.
·Carnota, Lira e Lariño: Son pobos cercanos que visitamos. En Lariño hai expectaculares vistas e casas preciosas. É un pobo moi agradable. Lira está ao lado, é moi parecido, pero distinguido por un inmenso cementerio e o horreo e o pombal de Lira. O horreo de Lira creemos que éo máis grande de Galicia.  E  creemolo porque ese mesmo día tamén fomos a Carnota e comprobámolo. En Carnota tamén hai un hórreo, casi igual de grande. Tamén o visitamos.
·O río Sallas: É o único río que desemboca no mar en forma dunha fervenza. O ano pasado fomos vela normal, e este ano fomos a velo pola noite iluminada. Era unha maravilla.
·Os petroglifos de Laxe das Rodas: Tamén fomos a uns petroglifos moi chulos e claros, con moi boas vistas.
·A barca do tío Nicky (o tío de Clara) "Arroaz II": Unha das mellores cousas foron os viaxes na lancha do tío Nicky. No primeiro viaxe Clara, Blanca e eu recorrimos o mar e saltamos as olas ata unhas rochas perdidas no medio do mar, onde había miles de gaivotas e cormoráns, e na auga, bancos de peixes. cando nos acercamos a un todos o peixes saltaron a vez. Cando chegamos aparcamos na boia e tivemos que ir nadando ata a orilla.   No segundo viaxe Clara, Juan  e eu rodeamos o monte Louro e visitamos unha piscifactoría de salmóns (que non paraban de saltar dun lado a outro). Amarramos o barco e botamos un vistazo. Ata que nos demos conta de que fora había un montón de cabalas... E puxémonos a pescar!!! Cun anzuelo artificial, dunha vez pescamos ata 8 peixes dun tiro... Ao final pillamos 39 cabalas e 1 sardiña (que Clara colleu coa man, porque estaba flotando morta sobre a auga. Esa noite as nosas familias comemos todos xuntos as cabalas e a sardiña na parrillada no Ancoradoiro. No 3º viaxe toda a panda nos lanzamos a surcar as ondas do mar (habendo mareas vivas). As veces parecía que voabamos (e o mellor foi que o Juan sentárase na madeira e a cada salto andabase rompendo o cu). A volta chegamos a praia de Arealonga e todos nos bañamos na auga cristalina e fresca. Foi supermegaextramaravilloso.


Bueno, o que mais me gustou foi posiblemente o viaxar en barco, así como o viaxar por lugares novos e xogar pola noite cos amigos... foi todo tan maravilloso!!! E o ano que ven... ¡volvemos!


*Na seguinte nova mostrareivos os Kizoas deste maravilloso viaxe...¡non vo lo perdades!