narices!!!
Somos varios: Miña nai, meu pai, Celsa (a miña tía), Xulia e eu. Aquí sempre o paso ben, grazas a que non paramos de visitar sitios novos e de xogar cos meus amigos do ano pasado, que sempre quedamos para estes días: Clara, Ana, Candela, Blanca, Juan, Pablo, Daniel...
Cheguei o venres 1 de Xulio, coa Celsa de Verín, da semaniña que pasei alí (mirade a nova "Ando por verín!", para máis información). Enseguida me veu saludar Clara, e fomos a praia a xogar. Normalmente estou xogando incansablemente cos meus amigos: Ao futbolín, a cazar caranguexos, na auga, ao Monopoly, ao fútbol e ao baloncesto, na barca do tío Nicky...
Cheguei o venres 1 de Xulio, coa Celsa de Verín, da semaniña que pasei alí (mirade a nova "Ando por verín!", para máis información). Enseguida me veu saludar Clara, e fomos a praia a xogar. Normalmente estou xogando incansablemente cos meus amigos: Ao futbolín, a cazar caranguexos, na auga, ao Monopoly, ao fútbol e ao baloncesto, na barca do tío Nicky...
Os apartamentos eran unha antiga fábrica desalgadora, que recombertiron, e utilizaron como apartamentos. A sala principal ten un comedeiro para churrascada, un futbolín e un pequeno parking pouco utilizado. Hai un xardín enorme, onde temos unha casiña do árbore e donde cultivan diversas plantas. Seguindo hai unha cafetería e unha terraza, que da directamente á praia do Ancoradoiro, onde sempre xogamos buscando caranguexos ou nadando, e meténdonos nas barcas "Mónica" e "Arroaz II". A esquerda atopábase unha cetárea, e seguindo atopámonos coa praia de Arealonga. Ten grandes dunas e unha tranquilidade excepcional. A dereita, o parking e a entrada do ancoradoiro, e máis para alá, a praia de Lira, que ten moita resaca e acaba nun bonito faro. Hacia o norte do Ancoradoiro atopamos o camping.
Estos días xogamos moito na praia, e visitamos lugares:
·Muros: vamos a Muros dúas veces por semana para comprar comida. Ademais, o día 6 fomos con Carmela, Martiño e Diego tomar un aperitivo e o día 7 fomos ver un concerto de mercedes Peón. E un día fixemos unha ruta polo barrio de Miraflores, onde atopamos moitas iglesias e cruceiros e unha vista espléndida da ría de Muros.
·Praias Acoradoiro, Arealonga e Lira: Na do Ancoradoiro sempre xogamos, bañámonos ou tomamos o sol, e na de Lira e Arealonga paseamos varios días pola mañá, xa que son moi longas.
·Fisterra: Visitamos as praias do Rostro e Mardefora, e comemos no Restaurante do faro de Fisterra, onde disfrutamos coas preciosísimas vistas do oceáno. Era maravilloso estar no "fin da terra".
· Boca do río: Igual que o ano pasado, tamén visitamos a boca do río da praia de Carnota, onde ai unhas xeniais pozas de auga... quente! É un lugar preciso, un gran ecosistema e un lugar fantástico para bañarse.Tamén visitamos o bonito apartamento de pedra con vistas e camiño a praia e o mar de Carmela, unha amiga de miña nai.
·Carnota, Lira e Lariño: Son pobos cercanos que visitamos. En Lariño hai expectaculares vistas e casas preciosas. É un pobo moi agradable. Lira está ao lado, é moi parecido, pero distinguido por un inmenso cementerio e o horreo e o pombal de Lira. O horreo de Lira creemos que éo máis grande de Galicia. E creemolo porque ese mesmo día tamén fomos a Carnota e comprobámolo. En Carnota tamén hai un hórreo, casi igual de grande. Tamén o visitamos.
·O río Sallas: É o único río que desemboca no mar en forma dunha fervenza. O ano pasado fomos vela normal, e este ano fomos a velo pola noite iluminada. Era unha maravilla.
·Os petroglifos de Laxe das Rodas: Tamén fomos a uns petroglifos moi chulos e claros, con moi boas vistas.
·A barca do tío Nicky (o tío de Clara) "Arroaz II": Unha das mellores cousas foron os viaxes na lancha do tío Nicky. No primeiro viaxe Clara, Blanca e eu recorrimos o mar e saltamos as olas ata unhas rochas perdidas no medio do mar, onde había miles de gaivotas e cormoráns, e na auga, bancos de peixes. cando nos acercamos a un todos o peixes saltaron a vez. Cando chegamos aparcamos na boia e tivemos que ir nadando ata a orilla. No segundo viaxe Clara, Juan e eu rodeamos o monte Louro e visitamos unha piscifactoría de salmóns (que non paraban de saltar dun lado a outro). Amarramos o barco e botamos un vistazo. Ata que nos demos conta de que fora había un montón de cabalas... E puxémonos a pescar!!! Cun anzuelo artificial, dunha vez pescamos ata 8 peixes dun tiro... Ao final pillamos 39 cabalas e 1 sardiña (que Clara colleu coa man, porque estaba flotando morta sobre a auga. Esa noite as nosas familias comemos todos xuntos as cabalas e a sardiña na parrillada no Ancoradoiro. No 3º viaxe toda a panda nos lanzamos a surcar as ondas do mar (habendo mareas vivas). As veces parecía que voabamos (e o mellor foi que o Juan sentárase na madeira e a cada salto andabase rompendo o cu). A volta chegamos a praia de Arealonga e todos nos bañamos na auga cristalina e fresca. Foi supermegaextramaravilloso.
Bueno, o que mais me gustou foi posiblemente o viaxar en barco, así como o viaxar por lugares novos e xogar pola noite cos amigos... foi todo tan maravilloso!!! E o ano que ven... ¡volvemos!
*Na seguinte nova mostrareivos os Kizoas deste maravilloso viaxe...¡non vo lo perdades!
No hay comentarios:
Publicar un comentario