A pasada semana do 9 ao 17 de agosto viñeron uns amigos de Barcelona: Coia, unha amiga de meu pai na infancia, con Jaume, os seu marido, e Marc, o seu fillo. Durante esa semana estivemos a cañecer Vigo e arredores a tope. Mirade o que visitamos:
·Vigo por dentro: En varios días visitamos o centro, o museo Marco, o náutico, Bouzas, Castrelos, e por suposto as praias.
·Un destes días fomos tamen as illas Cíes, as illas que hai en Vigo. Dela visitamos a praia de Rodas, o Alto do Príncipe, o camping... e disfrutamos coa súa fermosura.
·Redondela: No pobo que hai ao lado de Vigo, cenamos nun muiíño e fomos coñecer o casco vello de Redondela, por certo precioso.
· A praia de Nerga, unha preciosa praia na que nolo pasamos moi ben xogando a pelota, ao UNO, na auga...
·Fomos tamén a Vilanova de Cerveira, en Portugal, donde os maiores foron coñecer pobo mentres nos estivemos no campo de minigolf e no parque acuático!!! Foi superchulo.
· Tamén os maiores foron un día a Santiago; capital de Galiza, onde se atopa a Catedral e un casco vello precioso que non pararon de visitar.
Foi moi chulo estatr con eles, pola noite xogábamos todos unhas boas partidas de CLUEDO e de Continental. Ademais pola noite Marc e eu xogábamos a escondidas a DS...ji ji ji...
E supoño que eles tamén o pasaron xenial, e coñeceron moitos lugares novos. Foi unha semana moi divertida e ajetreada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario