Primeiro, perdón por saltarme un mes de noticias, pero e que con isto das vacas... calquera se acorda... Pero bueno, Lixín está todavía máis crecido ¡xa é enorme! A punto está de cumplir o seu medio ano. E este mes fixo moitas cousas novas. Aquí van os últimos sucesos:
· A Lixo encántalle a aldea. Xa é a segunda vez que vai. Para el é toda unha aventura estar alí, porque pode saír da casa e explorar a calle enteira. Como non pasan coches nin hai peligro, Lixo pode saír da casa cando lle pete. O que máis lle gusta é tomar o sol na terreza da casa veciña, que está abadonada.
· Pero o único malo é que Lixín tenlle medo ao gato da veciña (porque é moito máis grande),xa que o esta amenazando "territorialmente". O outro gato entra na nosa casa sin que nos enteremos e busca a Lixín, que se esconde debaixo dalgunha cama. Por iso os días que hai algún animal pola rúa non se atreve a saír de casa.
Por iso creemos que cando creza e se acostume aos outros animais poderá coñecer a outros gatos e quizáis... a algún can.
Na casa:
Lixín e un pouquiño traste, non se para de subir aos muebles e sen querer tira algunha que outra cousa; por exemplo unha lampariña, a miña ucha... Incluso o tocadiscos, e case a televisión de pantalla plana, que dun salto, quedouse tambaleannnndo.
· Lixo rompeu a papelera. Como era de esparto, gustáballe meterse dentro e afilar as unllas, e acabouna desfacendo de todo. Outro dia, Lixo desconectou o cable do ordenador xogando con el, e apagoulle a miña nai o ordenador cando facía os exames de setembro... Xa imaxinades como se puxo miña nai...!
· Un día, Lidia (a encargada de limpar a casa) despistouse e Lixín quedou no pasillo do edificio, e despois de moito vagonear, o do 5º viuno e meteuno na súa casa, foi o súper e comprou comida e area para gatos, e quedou con el ata que meu pai chegou e llo deu. Así, o do 5º díxonos que llo deixáramos cando nos foramos de vacacions, que al lle encantaban os gatos, pois xa tivera un. je je.
Agora notamos a Lixo máis tranquilo, máis durmiñón, pero, cando quere xogar, non para de morder ben forte...ai!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario