sábado, 17 de septiembre de 2011

Festas de Berrande!!!

Os pasados días 23, 24 e 25 de agosto foron as festas de Berrande, o meu pobo, dedicadas a San Bertolomeu. Son unhas festas extraordinarias porque chegan amigos de toda España que nos reunimos para xogar sin control. Si, porque os días de festa non son solo as misas, senón as pachangas que nos fan mover o esqueleto ata as 3 da madrugada.


 E aparte dos xogos que facemos todos polo día, o que máis nos une son os torneos de futbolín: Emocionantísimas pachangas que nos fan celebrar cada gol como se metera o Barça na final da Liga! 
E que hai dos xogos diurnos? Todos os rapaces do pobo nos xuntamos no campo da festa para facer variados e desafiantes xogos: Atrapar o melocotón entre moitas mazas nun caldeiro de auga, romper un ovo dándolle cun pau cos ollos pechados (algúns romperon o pau, enved de o ovo), unha emocionante carrreira de sacos... Eu ganei unha medalla por quedar de primeira na proba de levar o ovo nunha culler coa boca! E tamén oubo 3 divertidos amistosos de futbol: Os pequenos, os maiores e os solteiros vs. casados!
Pero claro, que festa é festa sen a festa da noite??? Divertidas pachangas que se engancharon connosco e que nos fixeron bailar ata caer rendidos foi unhas das mellores cousas da festa! Porque, sexamos realistas, a quen non lle gusta menear o esqueleto sen pausa e entre amigos??!!


Pois iso, que nestas festas hai de todo, e todo o pobo se transforma nunha feria inmensa, ou nun parque de atraccións, no que non hai reloxos; solo diversión!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario