jueves, 22 de diciembre de 2011

NADAL!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Acabáronse as preocupacións!!!!!!!!!!! Vacacións!!!! E inda que non sexan tan longas como as de veran, sempre se disfrutan. Ademais, estamos nunha época moi especial, porque está chea de costumes, de reencontros, de festexos, de luces.... 
E de frío. Inda que, a dicir verdade, varias semanas antes me preguntei... realmente estamos en Nadal??? Porque, a dicir verdade, non o parece NADA. A pesar de que os comercios e casas están adornadas (que este ano non o estan tanto), a temperatura, bueno, non é moi propia e non hai moito ambiente navideño... ¡¡Non importa!! O importante é disfrutar de estas datas, e así é como o fixemos no cole... UNHA SUPERFESTA!!! E logo, as  notas, por certo este ano no conser mellores que nunca. E cando comezen as vacacións a aldea e... A DISFRUTAR! Xa vos contarei...


Ou sexa que... DISFRUTADE!!! E non só co que vos traian os Reis e Papá Noel, senón tamén coa familia e amigos, co entorno que hai que disfrutar... PORQUE ESTAMOS EN NADAL!!! VIVA!!!

lunes, 19 de diciembre de 2011

Concerto!!!

No meu perfil pon que toco o violín, e non está equivocado, así é. De feito, o pasado 18 de Decembro, coma todos os anos, fixemos un concerto de Nadal.


O domingo pola mañá fomos ver actuar a Laura, unha das miñas mellores amigas (que tamén toca o violín) a fundación Sales, un sitio espectacular, cheo de plantas e flores exóticas, nas que cabe destacar un pequeno bosque de bambús. Foi un espectáculo estraordinario, o concerto era precioso .
Anécdotas: Collimos un chuchamel de fora e en canto entramos a ver o concerto e empezaron a tocar... o chuchamel... FLORECEU!!! Parece incrible, pero foi verdade. Entre a música e a calor de dentro a flor fixo este  precioso xesto. E ademais salvamos unha pomba ferida que estaba no xardín.


No meu concerto tivemme que poñer unhas ridículas orellas de coello para tocar unha canción chamada Bunny e logo tocamos Dulce Navidad. A orquestra dos maiores tocou varias pezas moi chulas, como Unha Noite na eira do trigo, Harry Potter ou unha inspirada no Londres de Sherlock Holmes. Ao acabar oubo merendola, e estivemos xogando ao pin-pon e andivemos por alí libremente facendo cousas alocadas que non comprenderíades, jejeje...


Mañá, martes día 20 haberá un concerto no multiusos de Redondela, pero esta vez, de todo o conservatorio. Estades todos invitados.

domingo, 18 de diciembre de 2011

E falando de debates...

O pasado xoves, 15 de decembro, os rapaces e rapazas da nosa clase fomos convocados para participar nun pleno infantil no Concello de Vigo! O tema seleccionado era a crise, sí; este problema que ten tan asustados a maioría dos españois.
Fomos alí todo o colexio, pero só nove rapaces representamos o colexio e nos sentamos na sala de plenos: David G., Roi, Arturo, Daiana, Alba, Ana, Antía O e Antía M e eu como portavoces.
Entre os tres colexios alí presentes (O Chouzo, o Ramón&Cajal e o noso; o Frian Teis), e despois dunha charla, propuxemos as nosas ideas sobre como saír da crise e logo fixemos un debate aportando comentarios sobre as propostas, máis ideas...
Ao final, todos fomos picar algo. Iso sí, levamos unha sorpresa cando, por gastar unha broma, meteron sacarina nun vaso cheo de Coca-Cola...e este empezou a ferver e a inflarse e botar por fora estilo cerveza...


Aquí vos deixo unha páxina web sobre como saír da crise:
http://victormartinp.com/2011/04/%C2%BFcomo-salir-de-la-crisis-10-pasos-para-conseguirlo/
E aquí a páxina web do colexio, onde podedes ver como fomos políticos por unhas horas:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipfrian/node/1581