lunes, 19 de diciembre de 2011

Concerto!!!

No meu perfil pon que toco o violín, e non está equivocado, así é. De feito, o pasado 18 de Decembro, coma todos os anos, fixemos un concerto de Nadal.


O domingo pola mañá fomos ver actuar a Laura, unha das miñas mellores amigas (que tamén toca o violín) a fundación Sales, un sitio espectacular, cheo de plantas e flores exóticas, nas que cabe destacar un pequeno bosque de bambús. Foi un espectáculo estraordinario, o concerto era precioso .
Anécdotas: Collimos un chuchamel de fora e en canto entramos a ver o concerto e empezaron a tocar... o chuchamel... FLORECEU!!! Parece incrible, pero foi verdade. Entre a música e a calor de dentro a flor fixo este  precioso xesto. E ademais salvamos unha pomba ferida que estaba no xardín.


No meu concerto tivemme que poñer unhas ridículas orellas de coello para tocar unha canción chamada Bunny e logo tocamos Dulce Navidad. A orquestra dos maiores tocou varias pezas moi chulas, como Unha Noite na eira do trigo, Harry Potter ou unha inspirada no Londres de Sherlock Holmes. Ao acabar oubo merendola, e estivemos xogando ao pin-pon e andivemos por alí libremente facendo cousas alocadas que non comprenderíades, jejeje...


Mañá, martes día 20 haberá un concerto no multiusos de Redondela, pero esta vez, de todo o conservatorio. Estades todos invitados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario