O pasado xoves, 15 de decembro, os rapaces e rapazas da nosa clase fomos convocados para participar nun pleno infantil no Concello de Vigo! O tema seleccionado era a crise, sí; este problema que ten tan asustados a maioría dos españois.
Fomos alí todo o colexio, pero só nove rapaces representamos o colexio e nos sentamos na sala de plenos: David G., Roi, Arturo, Daiana, Alba, Ana, Antía O e Antía M e eu como portavoces.
Entre os tres colexios alí presentes (O Chouzo, o Ramón&Cajal e o noso; o Frian Teis), e despois dunha charla, propuxemos as nosas ideas sobre como saír da crise e logo fixemos un debate aportando comentarios sobre as propostas, máis ideas...
Ao final, todos fomos picar algo. Iso sí, levamos unha sorpresa cando, por gastar unha broma, meteron sacarina nun vaso cheo de Coca-Cola...e este empezou a ferver e a inflarse e botar por fora estilo cerveza...
Aquí vos deixo unha páxina web sobre como saír da crise:
http://victormartinp.com/2011/04/%C2%BFcomo-salir-de-la-crisis-10-pasos-para-conseguirlo/
E aquí a páxina web do colexio, onde podedes ver como fomos políticos por unhas horas:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipfrian/node/1581
No hay comentarios:
Publicar un comentario