domingo, 27 de marzo de 2011

Concurso Spelling Bee

Ola a todos!!! Hoxe veño presentarvos un novo desafío: O Spelling Bee. Neste concurso hai que deletrear palabras en inglés, que aínda que pareza fácil, e todo un desafío! 
No noso colexio fixemos unha proba para ver quen podería ir ao concurso. As seleccionadas foron Noa Copero e Antía Martínez. Moitas felicidades! Elas dúas traballaron sen descanso, e aprenderon moitísimas palabras novas. O pasado venres 25 de Marzo foron ao auditorio de Caixanova a participar na final do concurso. Apoíamolas moito, pero por desgraza non gañaron. Pero bueno, iso non importa, porque aprenderon moito e o pasaron ben e ademais... recibiron moitos premios! Por exemplo varias camisetas, material escolar e ¡un vale para ver no cine a peli que elas queiran, e outro para xogar ao Paintball!!! Que sorte! Fomos todas a celebrar que chegaran ata alí cunha cea na Gramola, o bar donde celebramos as festas, e foi unha noite moi animada e alegre. Doulle inmensas felicidades a Noa e a Antía e tamén a todos os concursantes do Spelling Bee!!!!

jueves, 17 de marzo de 2011

Slide's de Bilbao!

Como vos dixen, aquí tedes os Side's do meu viaxe a Bilbao estes Carnavales... Espero que vos gusten, tanto os Slide's como os lugares que a continuación veredes:
Aquí tedes o Slide coas fotos de Burgos, onde paramos polo camiño:



Este Slide vai sobre Santimamine e o Bosque Pintado:


E este Slide vai sobre Leioa, onde nos aloxábamos e sobre Portugalete, Getxo e outros pequenos pobos donde se canta a canción: De Santurce a Bilbao. ( De ahí o título do Slide)


Aquí tedes o último día: O que fomos a Bilbao.

domingo, 13 de marzo de 2011

Viaxe a Bilbao!!!!

Ola a todos de novo!!! Como quizáis xa sabedes se vístedes a anterior nova, neste entroido fomos de viaxe a un novo sitio... Bilbao!!! Alí, eses cinco días pasámolo xenial, mirade o que fixemos:

·O peor de todo foio longo viaxe ( 6 horas ), pero entretuvímonos bastante mirando o verde de Bilbao e o branco de Galiza (Si, por aquí todos os montes estaban nevados...), escoitando música e lendo libros interminables nas chairas de León... 

·Fixemos unha parada en Burgos: Vimos a catedral, paseamos polas súas rúas e comimos  unha pizza do lugar: O queixo, o xamón, o choirizo, o pan...

·Fomos de ruta polos inmensos bosques de Bilbao, para concretar máis, a Santimamine, unhas grandes montañas donde se practica expeleoloxía e se podía entrar na cova, e onde se atopaba o Bosque Pintado, un bosque cheo de color donde depende de donde te poñas, podes ver miles de figuras... Tamén fomos a un pobo: Gernika, onde estaba o Museo da Paz. Os prados de alí eran moi verdes, e as casas estaban restauradas e integradas na paisaxe...A xente bailaba un baile típico e celebraba o entroido.

· Logo disto fomos a cenar, coa posta de Sol  no mar, a Bakio, un lugar donde hai una caseta nun monte que se alza no mar, unido a terra por unas cincocentas escaleiras polas que hai que subir para entrar. Nós non fomos porque estaba pechada, pero a comida do bar era moi rica, e este era precioso.

· Fomos ao ponte de Portugalete, un ponte que  une o pobo de Guetxo con Santurce, os cales están separados pola ría. É unha ponte de ferro de 50 m. de altura, con 16 cablesantes que transportan a barquilla colgante, que leva os coches e as persoas dun lado a outro ( Resulta que os quilometros que fixo a barquilla indo e vindo na súa hitoria era como dar 31 voltas a Terra. Todo isto averiguámolo cando subimos arriba e atravesamos a ría pola parte superior do ponte, donde uns altavoces explicaban toda  a súa hitoria. Tamén dicían, por exemplo, que varios pilotos pasaran co avión por debaixo do cablesante do ponte, recibindo como premio unha multa da autoridade. As vistas dende alí eran preciosas, e as rúas outro tanto, con tantos carrís bicis...

·Logo fomos ao porto vello de Gexto, un pobo pequeno a beira do mar, cheo de callexóns intrigantes e casas moi antigas... Alí foi donde patinei por primeira vez en patíns... de noite!!!

·E por suposto, tamén estivemos en Bilbao, e visitamos o famoso museo Guggenheim, e as súas inmensas obras. Había esculturas de todo tipo, por exemplo unha araña no medio do río, o can de flores a tamaño xigante xenial conservado da entrada... Recorrimos o casco vello da cidade dun lado a outro. Por alí tamén reinaba o carril bici, xunto co tranvía e o metro, donde montamos para volvar a casa. Alí tentei manter o equilibrio de pé mentres este circlaba a toda velocidade, e parecía que facía salto de esquí. Tédelo que probar, de verdade.

· O resto foi recorrer o pobo donde nos aloxábamos, Leioa, tan confortáblemente na casa duns amigos de miña nai, con rúas bastante  bonitas, parques de ancianons por todos lados, unha inmensa pista de profesionais das bicis para facer piruetas e varios paseos por campos e lagoas...
Na seguinte entrada, móstrovos os Slide's sacados deste viaxe. Son varios, porque disto sacamos moitas pero moitas fotos!!!

viernes, 11 de marzo de 2011

Entroido!!!

Feliz entroido a todos!!! Espero que todos disfrutárades do xenial entroido deste ano... Eu fun de viaxe, e vos, que fixéstedes???
Pois si, eu este ano non me disfracei, porque fixen un viaxe a Bilbao. Noutro momneto  cóntovos como foi alí.  Por sorte no colexio si que fixemos un bo entroido...
Como este ano é sobre os bosques, oubo de todo sobre eles: Setas, osos, árbores, flores... E tamén oubo disfraces sobre a mitoloxía destes lugares,  como bruxas, gnomos... Nós fumos disfrazados de trasnos, os seres mitolóxicos que os habitan. Foi un disfrace precioso, contávamos con un gorro, uns zapatos  e un traxe adornado ao noso gusto un conxuntiño que eleximos nós... O malo foi que tamén nós tivemos que traballar para facelo!!! Pero foi moi dibertido.
Puxémonos de dous en dous e camiñamos pola mazá,  con unhas acompañantes tocando a pandereta e o tambor, e cantando cancións... Ao chegar ao Carrefour falamos a montóns e cantamos as cancións que nos ensinaran: A clásica do Entroido galego e a canción dos bosques "O verde mola" (Unha canción ecolóxica sacada do Waka Waka!!). Logo ao subir poidemos ver a queima do meco, unha tradición de aquí. Ardeu ben, como o pasamos nós tamén.  ( Visitade este enlace para máis información)
E isto é como celebramos o entroido no colexio... En nada vos imformarei como foi  o resto... E vós, se queredes, podedes facer un comentario dicindo como pasástedes o entroido, tanto no colexio como fora, claro está. Ata outra!!!

Estreamos o Club de Lectura!!!

O día 24 de Febreiro na Biblioteca estreamos o Club de Lectura: Leeremos e compartiremos opinións sobre os libros, pero...
No recreo algúns alumnos de 5º xuntámonos na biblioteca do colexio para iniciar o club de lectura. Fixemos dous grupos, Locos por los libros e Libro&Co (Ao cal pertenzo eu). Leeremos libros e comentaremos nas nosas navas axendas, e logo faremos unha opinión común. O libro para este mes é: O chápiro Verde. Eu xa mo acabei e comentei, e teño ganas de que chegue o  día asinado para comentar. Pero iso non é todo...
Porque ese recreo foi máis unha festa!!! A nai de Mónica, a profe de biblioteca, fíxonos uns grandes postres e comemos a rebentar co pastel inmenso e os deliciosos  bombóns de chcocolate e almendra... ñam!!! Xuntos os dous grupos rímonos, falamos e saboreamos este delicioso inicio do Club...
Mirade este enlace ao blog da biblioteca do cole, donde a profe Mónica explica todo sobre o Club.

sábado, 5 de marzo de 2011

Entrega de premios concurso de talentos

Por fin o momento máis esperado... A entrega de premios! Se vístedes os vídeos das actuacións, preparádevos porque aquí saberedes por fin quen gañou...
Entrega de premios do concurso de talentos, por fin!!!

Xa acabou o concurso de talentos!!!

Hai tempo que vos anunciei que no noso colexio íbamos a celebrar un concurso de talentos.... pois xa o fixemos!!!
Presentáronse moitas persoas, e había moitos talentos: Bailes, dominios co balón, teatros cómicos, historias de papel, rap's, músicos... As xuízas tivémolo dificilísimo para esoller os vencedores...!
Tod@s @s concursantes fixéronno xenial e sorprendéronnos a todos. O concurso durou tres días e todos o pasaron moi ben. Quen gañou? Unha sorpresa...

miércoles, 2 de marzo de 2011

Noticieiro ecolóxico: Visóns invasores

Hai tempo que vos anunciei de que este ano era o ano internacional dos bosques, e nós no colexio estamos preparados para traballar este tema a fondo... Por iso fixemos un noticieiro ecolóxico sobre os visóns invasores (Non sabedes que é un visón? É un mamífero carnívoro da familia dos mustéritos, habitante en américa e en europa). Estades listos?

Resulta que en américa fixeron una fábrica peleteira  para comerciar coa pel destes animais e, intentando evitalo, uns ecoloxistas soltáronos destes criadeiros.O problema foi que estes animais chegaron a nado as nosas costas, e están invadindo o territorio do visón europeo, xa que eles son mais grandes e resistentes e pásanlles graves enferidades as especies da zona, e chegan tamén a comelas.
Pero bueno, para enterarvos ben disto, mirade este noticieiro ecolóxico que os de 5ºA fixemos para saber correctamente o que pasa:
Noticieiro ecolóxico: Visóns invasores