viernes, 25 de febrero de 2011

O concurso de talentos está a piques de empezar!!!

Si, si, porque os da clase de 5º A gústanos moito as iniciativas, e pensamos facer un súperconcurso de talentos para que todos saquen o seu talento interior!!!

Agora, as delegadas do curso fixeron un pacto e, entre as dúas, pensan facer un superconcurso de talentos. É unha inicitiva de 5º A no que queremos que todos saquen o talento que teñen no interior e que nunca poden dar a coñecer. Pero agora fixemos un superconcurso para que esta xente poda dar a coñecer o seu forte e, ademais, pasar un bo rato entre compañeiros.
Será o martes e mércores días 1 e 2 de Marzo, na hora do plan lector. Poderán participar os de 4º e 5º curso, e tamén se pode facer en grupo. Se estades no noso cole e estades nestes cursos... non dudedes en participar! Pero decididevos rápido, porque o plazo para apuntarse sará ata este luns 28... Traballade o talento e non vos rindades, sacade o voso talento interior e sorprendédenos!!! (Non vos preocupedes, que habrá premios).




domingo, 20 de febrero de 2011

Subida ao monte Galiñeiro.

O pasado 20 de febreiro celebrouse unha camiñata para a defensa do monte Galiñeiro, donde pensan facer uns muíños de vento. Pero por suposto, iso non o vamos a permitir!!!

Deixamos o coche uns quilómetros antes e fómonos quentando. A camiñata ía empezar!  O camiño era as veces moi pedregoso e deformado pola auga, e sobretodo tiña moitas costas. Pero é normal, porque nos atopamos  subindo o monte Galiñeiro!!! Os chuvasqueiros e paraugas non paraban de ser utilizados, porque o tempo estaba alterado e chovía un tramo e paraba outro. Subimos douscentos metros, e, xa case no cumio, a néboa envolveunos completamente. Máis valía non separarse do grupo, porque con esa inmensa nube blanquecina un podíase perder. 
Algúns tiveron que abandonar pola dificultade do camiño... Pero nós seguimos ata o final!!! Chegamos cansos, pero xusto entón...saliu o sol!!! Dende o cumio víase todo Vigo e a súa inmensa ría! Era un panorama precioso. Alí leron un discurso e a verdade daba moita pena converter iso nun horrible campo eólico. Despois de repor forzas cun bocata e chocolate, a baixada empezamos e o sol desapareceu deixando chuvia. Baixamos por outro camiño, e o descenso non foi nada  fácil porque a terra estaba bastante enchoupada, pero coa compañía dunhas amigas, pasamos unha menos cansante volta. 
Ao chegar estabamos a mar de fatigados, pero moi felices de facer esta fermosa ruta e por intentar salvar o monte, a pesares de ter a compañía incansable da choiva e da néboa, e, iso si, un montón de cans!!!!


jueves, 17 de febrero de 2011

Súper Debate dos transxénicos!!!!

Sabedes que hai tempo faleivos que preparabamos un debate para o día da paz, que este ano ía sobre a Natureza. Pois xa está aquí!!! E podo asegurar que foi o mellor debate ao que asistín e vin!!! Si, porque o principio empezou como un debate dos transxénicos normais, pero logo a cousa animouse e incluso os espectadores participaron! Ademais foi un debate con moito humor, e todos o pasamos moi ben. Todos preparamos moi ben e redebatimos tamén moi ben. Foi un debate moi emocionante pero ó final os que estabamos en contra alzámonos coa vitoria! Aínda que iso foi o de menos, porque a experiecia de ter un debate tan chulo posiblemente é moito millor que calquera premio. Porque seguro que tal como estamos, imos para os de Telecinco!!!

Cómo foi algo longo, grabámolo en dúas partes. Pero ollo, porque longo non quere dicir aburrido!!!



Esta é a 2ª parte do debate, e, teño que admitilo, a miña favorita.

domingo, 13 de febrero de 2011

Excursión a praia de Menduíña

Foi o pasado día 12 de Febreiro. Está no Morrazo, preto de Cangas, e son unas praias medianas separadas por varios kilómetros de rocha. Teñen grandes olas e, no monte de ali, hai vistas preciosas da ría.
Nós tumbamonos nunhas rochas ben altas, porque a marea na praia era  bestial. Estaba a praia toda cuberta por area mollada, e unhas olas que parecian bombas da ETA cando chocaban coas rochas. A explosión de unha grande era un expectáculo.Alí estábase xenial, e escoitando o mar, lendo, escoitándo música ou imaxinando aventuras pasóusenos o tempo voando. Quen o ía dicir!
Logo subimos ao monte, donde hai mais toxos case que herba. Pero despois de meternos por camiños tan pequenos que case estaban ocultos, chegamos a unhas rochas donde se vía unha preciosa panorama da ría. Moitas desas rochas estaban gastadas pola auga durante miles de anos, e había pozas moi  grandes e raras, pero o curioso é... Que iso era o cumio da montaña, onde non debería chegar a auga!!! Raro, eh?
Fomos moito tempo e gustounos moito, e supoño que, se sodes dos que queredes saltar olas e surfear, esa praia gustarabos! E senón, para relaxarse tamén está que nin pintado.


sábado, 12 de febrero de 2011

Rugbi no cole

O pasado día 11 de febreiro, no colexio tivemos unha visita moi especial... Viñeron dous homes a darnos clases de rugbi!
E eses dous homes eran xogadores do único equipo de Vigo de rugbi, a ensinaronnos os reglamentos do rugbi, e logo fixemos uns xogos moi divertidos. Sabíades que o rugbi é o deporte con máis regras do  mundo? Pero iso non significa que sexa aburrido. Trata de facer placaxes ao adversario para que non poña o balón nunha portería, que é o que ten que facer o teu equipo, pero só se poden facer pases para atrás. Os placaxes non é botarse enriba do contrario, senón frealo "abrazándoo". Ademais o balón non pode rebotar ao poñelo na portería no chan, senón o gol é inválido. E sobretodo, os pases deben ser horizontais, non bombeados ou a estilo xabalina, porque senón e máis fácil que che bloqueen.
Os xogos foron moi divertidos, e todos o pasamos xenial. Eles dixéronnos que esta temporada estano facendo moi ben e queren pasar a 1ª división. Xogan todos os domingos as 11 da mañá, e se queredes, podedes ir alí a animalos!
Se premedes na imaxe iredes directamente a páxina web do club de rugbi de Vigo.
                                                            

O Cachalote

Non sabedes o que é? Pois é un deporte que unhas amigas e eu inventamos, e que agora é a bomba no colexio. Se queredes saber como é para xogar vós miradeo aquí:
O Cachalote é un deporte que mezcla o tenis, o baloncesto e o balonmano. O nome ven de Babadote, que eran as iniciales destes, pero co tempo, (vamos, en 2 días) apareceu este, máis atractivo.
Trata de meter unha pelota de tenis nunha canastra de baloncesto movéndose ao balonmano. Moverse ao balonmano quere dicir que se poden dar dous pasos coa pelota na man, e logo ou se bota, pásase ou tírase.
Pódese entrenar pasándose o balón a longa distancia ou pasándose intentando que unha persoa intermedia non colla o balón.
A pelota inicial é PELOTI, a pelota coa que sucederon as máis importantes aventuras do deporte. Por exemplo: cando se quedou no medio dunha rede altísima e houbo que darlle cun balón; cando se quedou na herba dun muro e houbo que facer unha torre humana coa axuda dunhas nais moi amabes; ou cando se foi a casa do veciño e houbo que saltar o muro que separaba as fincas e colarse para collela na súa casa. E iso vai en serio, non vos creades que son bromiñas. Pero esa pelota téñolle moito cariño, é o meu millor amigo surreal.
Se queredes, podedes xogar vós, porque seguro que pouco a pouco vai haber máis xente que se anime, xa veredes.

Fin de semana guay!

Si, si, porque foi un finde moi completo. Este fin de semana miña nai foise a un cursillo e meu pai e eu quedamos sós... Mirade as cousas dos findes como estos:

1 - O sábado fumos a andar en bici cos meus amigos pola ruta da Auga, unha ruta por donde pasa a auga a nosa e a outras cidades. Ao final chagamos moi de noite, pero valeu a pena, porque esa ruta é preciosa. Ademais, a volta deixáronnos solos no coche e montamos un rebumbio... jajaja, tíñades que estar alí.
2- O domingo, fomos a casa dos meus avós, e estiven xogando coa miña prima e con PELOTI, a miña pelota de tenis da que nunca me separo. Ata inventei un xogo chamado Cachalote, que é una mezcla de tenis, baloncesto e balonmano. Noutra nova cóntovos sobre el. O caso é que a pelota fóisenos a casa dos veciños 4 veces, e 2 desas pasáronnola eles, pero as outras dúas non estaban na casa e tiven que escalar o muro que divide as fincas e pasar a casa veciña. En serio.
3 - Logo xogamos unhas partidas Mariokart con personas de todo o mundo e coas miñas primas, cada unha dende a súa casa, grazas a conexión a Internet.

Estes fins de semana son os millores, enserio, a vós no vos gustan? Ou todavía non os probastes? Pois non sabedes entón o que vos perdedes!

sábado, 5 de febrero de 2011

Todo se amontona no colexio!

Pois si, amigos, todo se amontona porque estes días estamos a ter varios eventos importantes, mirade que clases tivemos esta semana!:
Bueno, non foi esta semana, pero foi o venres pasado, e tamén hai que incluilo, porque o día da paz e moi importante. A súa festa celebrouse no salón de actos e vimos de todo: Unhas editoriais ecóloxicas, poemas, cancións, obras de teatro... Pero aire fresco agradecíase, xa que estábamos algo apretuxados. Por iso logo fomos ao patio a cantar as cancións que aprendimos de memoria.
Pero logo chegaron as excursións (Por fin! Había tempo que non íamos a unha!). E non foi outra cousa que... dúas seguidas! Si, si, dúas seguidas. O día 3 fomos ao casco vello de Vigo, pero faláronnos... en inglés! Era unha especie de competición de haber quen coñecía máis o casco vello en ingés, e pasámolo xenial, xa que ía cos meus amigos no meso grupo: <<The Crazy Pirates>> (Os piratas tolos). O seguinte día, o 4 de Febreiro, fumos a ver unha ópera bufa o teatro de Caixanova. Dous días de saídas!
Por se fora pouco, o da Paz todavía non acabou, porque a semana que ven tócanos ler a editorial ecolóxica e facer o debate dos alimentos tranxénicos! Vaia! parece que todo se amontoou para agora!