martes, 26 de abril de 2011

Noticias sobre Lixo

Cada mes vou facer unha nova falando de como vai crecendo Lixo, e as anécdotas que lle van sucedendo. Este mes foi supercompleto, mirade todas as cousas que fixo o noso amiguiño:
· 29-3-11: Lixo únese a nosa familia.
· 10-4-11: Lixo vai por 1º vez a praia (e monta por 1º vez no coche). Trátase da praia América. Gústalle a area e acaba cheo dela. É o centro de atención de todas as persoas que pasan por alí.
·16-4-11: Lixo, explorando, métese no cubo da lexía, o que provoca que logo o oubera que lavar por 1º vez. Lixo déixase lavar, pero témelle ao secador polo ruido que fai.
· 4º semana: Lixo abandona todas as noites a súa cama e vaise a durmir ao sofá, ao que, por certo, xa sabe subir dando unha brincadeira e agarrándose coas uñas.
·5º semana: Lixo volve a viaxar en coche ata Verín. Paramos nun parque en melide e el escala árbores. Logo coñece a casa de Verín, donde se fai dano nunha pata por recibir moitos pisotóns accidentales.
5º semana: Lixo está confuso. Quere atopar o gatiño que hai no espello, pero non o atopa.
·6º semana: Lixo súbese a nosa cama polas noites e quédase alí a durmir. Agora a cama de meus pais e o seu punto de descanso e eles non saben que facer. 

lunes, 25 de abril de 2011

Máis cumpleanos superchulos!!!

O pasado venres 8 de Abril, Noa celebrou o seu cumpleanos na bolera de Samil. Foi un cumpleanos moi chulo, sobretodo cando a boleira se transformou en discoteca (cousa que pasa na mitade da 2º partida para animar o ambiente). A todos nos encanta ir a bolera, é algo difícil ao principio, pero todos nos rimos en amistade e pasámolo moi ben. Antía foi a campiona. Logo na finca de Samil, (unha finca que ten de todo: columpios, mesa de pin-pon, piscina, trampolín, moitos cans e incluso unha cabaña no árbore!) tomamos a tarta, e xogamos e xogamos sen parar. Foi moi divertido.
O seguinte sábado, día 16 de Abril, Laura fixo o seu nun ecoparque. Foi chulísimo, porque había que ir superando probas, superando circuitos, entre as árbores. Había, entre outras: redes, plataformas móbiles, tirolinas... O 1º circuito era o do cursillo de iniciación, o 2º e o 3º eran longos e divertidos, e cando os pasamos, decidímonos lanzarnos o 4º, que era moi difícil. Había plataformas e troncos móbiles separadas entre si un ou dous metros e había que saltar dunha a outra, e outras probas difíciles, tanto de explicar coma de facer. Iso estando a uns 20 metros do chan... ou sexa que millor non mirar abaixo. Moitas veces estabas incluso por abandonar, posto que che doían as  pernas e os brazos, pero nos seguimos e valeu a pena.Chegamos ao final. <Hurra!> Dixemos. Laura tirouse pola tirolina, pero ao chegar non se deu agarrado e tivo que remar (empurrarse cos brazos hasta o final), mentres, ao lado, unha chica doutra tirolina dixo <Libre!!!> (é a palabra que hai que dicir para que o outro sepa que se pode tirar) e eu pensaba que era Laura a que o dixera.  Entón pechei os ollos e estendín os brazos, ata que escoitei... <Aldara!!!> Eu abrin os ollos e vin que estaban cos brazos estendidos e dixen <Ola amigos, ola!!!> (non entendín o que querían dicir) e cando mirei para o frente... <Ahhhh!!!!!!!!!!!> e ¡CATAPLAF! Chocámonos as dúas. O resto do día rímonos diso e recordamos un cumpleanos maravilloso.
Xa vedes, amigos, aquuí os cumpleanos non cesan, e o millor é que son en sitios orixinais. 

viernes, 15 de abril de 2011

Excursión ao Río da Fraga

O pasado 9 de Abril algúns nenos e os seus pais do colexio fixemos unha excursión organizada pola A.N.P.A: Unha excursión a un río que atravesa unha fraga, en Moaña.
Todos os alí presentes fixemos unha camiñata atravesando a fermosa fraga, que a dicir verdade un pouco parecía un bosque encantado. Iso si, sempre acompañados polo río.Foi unha ruta preciosa.
Logo fomos a comer a un prado no que había un fermoso lago: O lago Castieira. O prado era precioso, estaba cheo, iso si, de ourizos e árbores, e algunha que outra cagada de cabalo. O lago era moi bonito e tiña moitos patos e peixes e... incluso unha nena acuática! Porque Aldara (non eu, unha de 1º curso de primaria) caeu en toda a auga. E ademais Noel filmouno en vídeo. Outra anéctota foi a dos rapaces de 2º e 3º, que nos querían encher con caca de cabalo. Por sorte, nos contraatacamos con ourizos das castañas, e nos salimos gañando da batalla.
Logo  dimos unha volta polo parque, e entramos nunha reserva donde cuidan animais enfermos para logo deixalos en liberdade. E atopamos... moitísimos tréboles de catro follas! Si, si, había mogollón. Que sorte!


A excursión foi superchula, aquí vos deixo unhas fotos para que comentedes, pero para saber o guay que estaba teríades que estar alí.

miércoles, 13 de abril de 2011

Máis excursións no colexio!!!

Pois si, amigos, os pasados días 7 e 8 de Abril tivemos no colexio dúas excursións. Interesados? Mirade:
O xoves día 7 fomos a ESAD a acompañar os de 4º curso a represantar unha obra de teatro. A obra chamábase "O espíritu do bosque", unha obra que trata das cousas polas que pasa un bosque enteiro: Dende leñadores, ecoloxistas, clases con rapaces... E que tamén ten humor. Houbo ademáis dúas obras doutros colexios, as dúas xa coñecidas: "Historia dunha sobreira" e... "Mamasiña, que medo!". Si, si, esa obra foi a que representamos David G, David D., Aroa, Lola e eu cando fomos ao concurso de Lectura!!!
Nós facíamos de decorado, vestindo de trasnos, flores, setas, pinos... Foi moi divertido.
Se queredes saber máis desta obra premede aquí.

O día seguinte fomos a Pontevedra, a un museo. Alí ensinárnonos moitas cousas dunha forma moi divertida: rechando unha ficha sobre as diferentes salas. Tiñamos que buscar obxectos, ou sacar conclusións... Sobretodo había que observar e escoitar.  Había sobretodo cousas que utilizaban na antigüedade coma muíños, puntas de lanzas e de espadas, machadas de pedra, agullas, unha vasilla de cerámica, restos dunha áncora etc....Había unha habitación que era coma o despacho de Méndez Núñez, tamén unha sala que semellaba a sala de oficiais da Fragata Numancia. Vimos varias salas con distintas maquetas: Da Fragata Numancia, dunha embarcación vikinga, tamén a da Santa María (coñecida como "A Galega") que é o barco co que Colón chegou a América no ano 1.492. Tamén foi moi divertido e interesante.
Mirade este Kizoa do museo:

lunes, 11 de abril de 2011

Día do libro infantil

O pasado mércores 6 de abril celebramos no colexio o día do libro infantil. O libro elexido era "Memorias dun neno labrego", que cumpría 50 anos. Unhas compañeiras e eu fixemos as voces a un LIM, gravamos e pasámolo moi ben, xa que foi no horario escolar e saltámonos unhas cantas horas de estudo. E iso por non falar das "Tomas falsas" que fixemos.
Este mércores algúns nenos de 5º e 6º limos varios trozos de capítulos deste libro, e tamén asistimos a un pequeno acto donde vimos vídeos e traballos dos alumnos.
Aquí vos deixo o enlace ao LIM que fixemos que está na páxina do cole: http://chiscos.net/f1/memorias/memorias_dun_neno_labrego.html
E aquí unhas fotos deste día:

Día do libro infantil - foto montaje

E logo todas as clases tivemos que facer dous poemas, un galego e outro en castelán, e plasmalos.  Estes poemas quedaron nun libro de poemas na biblioteca do cole. Nos fixemos: ¡A volar! de Rafael Alberti e Campaíñas do Courel de María Fernandez. O outro 5º fixo Viento de amor Juan Ramón Jimenez e Bolboreta de Manuel María.
Mirade este Quizoa de como nos saliron os poemas: 

domingo, 10 de abril de 2011

Supercumpleanos no... Spa?

É o meu cumpleanos! Levaba tempo pensando donde o iba a celebrar, pois tiña que ser nun sitio orixinal... E ocorreuseme nun Spa! Celebreino con Antía, unha das miñas mellores amigas, o día 2 de abril no Talasso Spa de Moaña. É dicir, un 2x1. E foi a caña!
Todos o pasamos xenial debaixo dos chorros, nos baños e nas sillas con burbullas... e incluso nun remolino! Xa vedes, era supercumpleto. A auga estaba boísima. E por se fora pouco, logo fomos a comer a un restaurante de luxo ¡Que gozada!
Todos acabamos superelaxados e temos moitas ganas de volver. Tivemos unha velada superdivertida e superelaxante nun Spa,  e iso ¡Sen que nos botasen  a patadas!


sábado, 9 de abril de 2011

LIXO, o mellor regalo do mundo!!!

Sabedes, amigos? Hay pouco cumplín o primeiro ano da segunda década, e dicir, 11 anos. Foi o pasado martesdía 29 de Marzo. Bueno pois ese día os meus amigos déronme unha boa sorpresa.... UN GATO!!!
Levava tanto tempo querendo un... Foi sen dudalo o mellor regalo que me fixeron nunca. É precioso, ten o pelaxe béis é moi explorador. O pobre solo tiña 15 días porque os amos da gata nai ¡Queríano matar! Si, si, íbano matar porque eles non o querían, a si que lle salvamos a vida. Agora xa me coñece, xa sabe onde durme e donde mexa, e non para de moverse pola casa e... morder! Hay tan poco que lle naceron os dentes que non para de practicar con eles! E valeu a pena, porque onte comeu peixe! Abandonou por fin o biberón e pasou o peixe! O tipo xa anda moi crecido, e é, polo menos para min, o millor gato do mundo.

viernes, 1 de abril de 2011

Concurso de Canto!!!

Sabedes que no meu colexio fixemos un concurso de Talentos que nos crearamos? Bueno, pois agora os de 5ºB sorprendéronnos cun con concurso de canto chamado <<Cantando Unidos>>. Todos os cantores de 5º e 6º curso fomos o pasado venres 25 de Marzo a participar no concurso. 
Trataba de cantar e bailar unha canción, que claro está, había que ter preparada. Os xuíces foron Noa, Antía O e Noel, e as presentadoras Candela e Xiomara. Todos disfrutamos moito cantando cancións divertidas e marchosas. Eu e Noa Carme tamén participamos cunha canción moi divertida chamada "O iogur de fresa", (Clicade para vela) unha canción que se presentou hai uns anos a millor canción do verán galega, e que quedou das primeiras porque era superdivertida! E, a pesar de pasar por varios altibaixos Noa e eu... tamén chegamos das primeiras! Mais ben gañamos o 1º premio, e recibimos moitos agasallos, como: Matasuegras, pelotas blandiñas con luces, un chaveiro con forma de alce ao que ao apretar lle saen os ollos disparados boliñas para facer formas, globos e outros xogueticos. Pero inda así, teño tamén que felicitar a Ana, Carmen, Lola e Laura por quedaren de segundas con Barbie de Extrarradio e a uns de 6º pola actuación moi divertida con "Osito Gominola", e por suposto a todos os organizadores e aos participantes. Sen dúbida algunha, o divertido foi participar e reírnos coas actuacións... 
Aquí hai un  enlace para que vexades as diferentes actuacións que oubo. Espero que dende a casa tamén disfrutedes do concurso como se estivérades alí... Non vo lo perdades!!!
http://quintodefrian.blogspot.com/2011/03/xa-rematou-o-concurso-de-canto.html?spref=fb

Gañadora do concurso Aqualia!!!

No curso pasado, 4ºB, a miña clase participou no concurso de debuxo de Aqualia, a empresa encargada da auga en Vigo, e que nos propuña pintar un debuxo relacionado con: "A auga, o noso millor valor". Pois agora, resulta que fun finalista deste concurso, e invitáronnos a miña clase a recollida de premios.
O pasado martes día 22 de Marzo, as clases volvéronnse a mesturar, e os rapaces da antiga clase de 4ºB partimos cara o museo do Marco, no centro de Vigo. Entramos nunha gran sala e regaláronnos a todos os asistentes unha bonita gorra. Oubo un pequeno acto, e nunha pantalla enorme podíanse ver datos da auga e os debuxos dos finalistas, incluído o meu! Logo déronnos o premio, un maletín enormísimo de pintura, e unha consola Wii negra para a gañadora ¡Que morro! 
Ao acabar isto tomamos uns aperitivos na cafetería, e falamos a cachón, ata que foi hora de volver e de disolver a clase de 4º B, que pena!!!
Aquí vos deixo un Slide coas fotos desta pequena excursión e unha foto do meu debuxo. Espero que tamén todos vos coidedes ben da auga!!!!