Ola a todos!!! Hoxe veño presentarvos un novo desafío: O Spelling Bee. Neste concurso hai que deletrear palabras en inglés, que aínda que pareza fácil, e todo un desafío!
No noso colexio fixemos unha proba para ver quen podería ir ao concurso. As seleccionadas foron Noa Copero e Antía Martínez. Moitas felicidades! Elas dúas traballaron sen descanso, e aprenderon moitísimas palabras novas. O pasado venres 25 de Marzo foron ao auditorio de Caixanova a participar na final do concurso. Apoíamolas moito, pero por desgraza non gañaron. Pero bueno, iso non importa, porque aprenderon moito e o pasaron ben e ademais... recibiron moitos premios! Por exemplo varias camisetas, material escolar e ¡un vale para ver no cine a peli que elas queiran, e outro para xogar ao Paintball!!! Que sorte! Fomos todas a celebrar que chegaran ata alí cunha cea na Gramola, o bar donde celebramos as festas, e foi unha noite moi animada e alegre. Doulle inmensas felicidades a Noa e a Antía e tamén a todos os concursantes do Spelling Bee!!!!
Chámome Aldara e eiquí contarei as miñas viaxes e noticias, que utilizarei como un diario público. Espero que vos guste.
domingo, 27 de marzo de 2011
jueves, 17 de marzo de 2011
Slide's de Bilbao!
Como vos dixen, aquí tedes os Side's do meu viaxe a Bilbao estes Carnavales... Espero que vos gusten, tanto os Slide's como os lugares que a continuación veredes:
Aquí tedes o Slide coas fotos de Burgos, onde paramos polo camiño:
Este Slide vai sobre Santimamine e o Bosque Pintado:
E este Slide vai sobre Leioa, onde nos aloxábamos e sobre Portugalete, Getxo e outros pequenos pobos donde se canta a canción: De Santurce a Bilbao. ( De ahí o título do Slide)
Aquí tedes o último día: O que fomos a Bilbao.
domingo, 13 de marzo de 2011
Viaxe a Bilbao!!!!
Ola a todos de novo!!! Como quizáis xa sabedes se vístedes a anterior nova, neste entroido fomos de viaxe a un novo sitio... Bilbao!!! Alí, eses cinco días pasámolo xenial, mirade o que fixemos:
·O peor de todo foio longo viaxe ( 6 horas ), pero entretuvímonos bastante mirando o verde de Bilbao e o branco de Galiza (Si, por aquí todos os montes estaban nevados...), escoitando música e lendo libros interminables nas chairas de León...
·Fixemos unha parada en Burgos: Vimos a catedral, paseamos polas súas rúas e comimos unha pizza do lugar: O queixo, o xamón, o choirizo, o pan...
·Fomos de ruta polos inmensos bosques de Bilbao, para concretar máis, a Santimamine, unhas grandes montañas donde se practica expeleoloxía e se podía entrar na cova, e onde se atopaba o Bosque Pintado, un bosque cheo de color donde depende de donde te poñas, podes ver miles de figuras... Tamén fomos a un pobo: Gernika, onde estaba o Museo da Paz. Os prados de alí eran moi verdes, e as casas estaban restauradas e integradas na paisaxe...A xente bailaba un baile típico e celebraba o entroido.
· Logo disto fomos a cenar, coa posta de Sol no mar, a Bakio, un lugar donde hai una caseta nun monte que se alza no mar, unido a terra por unas cincocentas escaleiras polas que hai que subir para entrar. Nós non fomos porque estaba pechada, pero a comida do bar era moi rica, e este era precioso.
· Fomos ao ponte de Portugalete, un ponte que une o pobo de Guetxo con Santurce, os cales están separados pola ría. É unha ponte de ferro de 50 m. de altura, con 16 cablesantes que transportan a barquilla colgante, que leva os coches e as persoas dun lado a outro ( Resulta que os quilometros que fixo a barquilla indo e vindo na súa hitoria era como dar 31 voltas a Terra. Todo isto averiguámolo cando subimos arriba e atravesamos a ría pola parte superior do ponte, donde uns altavoces explicaban toda a súa hitoria. Tamén dicían, por exemplo, que varios pilotos pasaran co avión por debaixo do cablesante do ponte, recibindo como premio unha multa da autoridade. As vistas dende alí eran preciosas, e as rúas outro tanto, con tantos carrís bicis...
·Logo fomos ao porto vello de Gexto, un pobo pequeno a beira do mar, cheo de callexóns intrigantes e casas moi antigas... Alí foi donde patinei por primeira vez en patíns... de noite!!!
·E por suposto, tamén estivemos en Bilbao, e visitamos o famoso museo Guggenheim, e as súas inmensas obras. Había esculturas de todo tipo, por exemplo unha araña no medio do río, o can de flores a tamaño xigante xenial conservado da entrada... Recorrimos o casco vello da cidade dun lado a outro. Por alí tamén reinaba o carril bici, xunto co tranvía e o metro, donde montamos para volvar a casa. Alí tentei manter o equilibrio de pé mentres este circlaba a toda velocidade, e parecía que facía salto de esquí. Tédelo que probar, de verdade.
· O resto foi recorrer o pobo donde nos aloxábamos, Leioa, tan confortáblemente na casa duns amigos de miña nai, con rúas bastante bonitas, parques de ancianons por todos lados, unha inmensa pista de profesionais das bicis para facer piruetas e varios paseos por campos e lagoas...
Na seguinte entrada, móstrovos os Slide's sacados deste viaxe. Son varios, porque disto sacamos moitas pero moitas fotos!!!
viernes, 11 de marzo de 2011
Entroido!!!
Feliz entroido a todos!!! Espero que todos disfrutárades do xenial entroido deste ano... Eu fun de viaxe, e vos, que fixéstedes???
Pois si, eu este ano non me disfracei, porque fixen un viaxe a Bilbao. Noutro momneto cóntovos como foi alí. Por sorte no colexio si que fixemos un bo entroido...
Como este ano é sobre os bosques, oubo de todo sobre eles: Setas, osos, árbores, flores... E tamén oubo disfraces sobre a mitoloxía destes lugares, como bruxas, gnomos... Nós fumos disfrazados de trasnos, os seres mitolóxicos que os habitan. Foi un disfrace precioso, contávamos con un gorro, uns zapatos e un traxe adornado ao noso gusto un conxuntiño que eleximos nós... O malo foi que tamén nós tivemos que traballar para facelo!!! Pero foi moi dibertido.
Puxémonos de dous en dous e camiñamos pola mazá, con unhas acompañantes tocando a pandereta e o tambor, e cantando cancións... Ao chegar ao Carrefour falamos a montóns e cantamos as cancións que nos ensinaran: A clásica do Entroido galego e a canción dos bosques "O verde mola" (Unha canción ecolóxica sacada do Waka Waka!!). Logo ao subir poidemos ver a queima do meco, unha tradición de aquí. Ardeu ben, como o pasamos nós tamén. ( Visitade este enlace para máis información)
E isto é como celebramos o entroido no colexio... En nada vos imformarei como foi o resto... E vós, se queredes, podedes facer un comentario dicindo como pasástedes o entroido, tanto no colexio como fora, claro está. Ata outra!!!
Estreamos o Club de Lectura!!!
O día 24 de Febreiro na Biblioteca estreamos o Club de Lectura: Leeremos e compartiremos opinións sobre os libros, pero...
No recreo algúns alumnos de 5º xuntámonos na biblioteca do colexio para iniciar o club de lectura. Fixemos dous grupos, Locos por los libros e Libro&Co (Ao cal pertenzo eu). Leeremos libros e comentaremos nas nosas navas axendas, e logo faremos unha opinión común. O libro para este mes é: O chápiro Verde. Eu xa mo acabei e comentei, e teño ganas de que chegue o día asinado para comentar. Pero iso non é todo...Porque ese recreo foi máis unha festa!!! A nai de Mónica, a profe de biblioteca, fíxonos uns grandes postres e comemos a rebentar co pastel inmenso e os deliciosos bombóns de chcocolate e almendra... ñam!!! Xuntos os dous grupos rímonos, falamos e saboreamos este delicioso inicio do Club...
Mirade este enlace ao blog da biblioteca do cole, donde a profe Mónica explica todo sobre o Club.
sábado, 5 de marzo de 2011
Entrega de premios concurso de talentos
Por fin o momento máis esperado... A entrega de premios! Se vístedes os vídeos das actuacións, preparádevos porque aquí saberedes por fin quen gañou...
Entrega de premios do concurso de talentos, por fin!!!
Entrega de premios do concurso de talentos, por fin!!!
Xa acabou o concurso de talentos!!!
Hai tempo que vos anunciei que no noso colexio íbamos a celebrar un concurso de talentos.... pois xa o fixemos!!!
Presentáronse moitas persoas, e había moitos talentos: Bailes, dominios co balón, teatros cómicos, historias de papel, rap's, músicos... As xuízas tivémolo dificilísimo para esoller os vencedores...!
Tod@s @s concursantes fixéronno xenial e sorprendéronnos a todos. O concurso durou tres días e todos o pasaron moi ben. Quen gañou? Unha sorpresa...
miércoles, 2 de marzo de 2011
Noticieiro ecolóxico: Visóns invasores
Hai tempo que vos anunciei de que este ano era o ano internacional dos bosques, e nós no colexio estamos preparados para traballar este tema a fondo... Por iso fixemos un noticieiro ecolóxico sobre os visóns invasores (Non sabedes que é un visón? É un mamífero carnívoro da familia dos mustéritos, habitante en américa e en europa). Estades listos?
Resulta que en américa fixeron una fábrica peleteira para comerciar coa pel destes animais e, intentando evitalo, uns ecoloxistas soltáronos destes criadeiros.O problema foi que estes animais chegaron a nado as nosas costas, e están invadindo o territorio do visón europeo, xa que eles son mais grandes e resistentes e pásanlles graves enferidades as especies da zona, e chegan tamén a comelas.Pero bueno, para enterarvos ben disto, mirade este noticieiro ecolóxico que os de 5ºA fixemos para saber correctamente o que pasa:
Noticieiro ecolóxico: Visóns invasores
viernes, 25 de febrero de 2011
O concurso de talentos está a piques de empezar!!!
Si, si, porque os da clase de 5º A gústanos moito as iniciativas, e pensamos facer un súperconcurso de talentos para que todos saquen o seu talento interior!!!
Agora, as delegadas do curso fixeron un pacto e, entre as dúas, pensan facer un superconcurso de talentos. É unha inicitiva de 5º A no que queremos que todos saquen o talento que teñen no interior e que nunca poden dar a coñecer. Pero agora fixemos un superconcurso para que esta xente poda dar a coñecer o seu forte e, ademais, pasar un bo rato entre compañeiros.
Será o martes e mércores días 1 e 2 de Marzo, na hora do plan lector. Poderán participar os de 4º e 5º curso, e tamén se pode facer en grupo. Se estades no noso cole e estades nestes cursos... non dudedes en participar! Pero decididevos rápido, porque o plazo para apuntarse sará ata este luns 28... Traballade o talento e non vos rindades, sacade o voso talento interior e sorprendédenos!!! (Non vos preocupedes, que habrá premios).domingo, 20 de febrero de 2011
Subida ao monte Galiñeiro.
O pasado 20 de febreiro celebrouse unha camiñata para a defensa do monte Galiñeiro, donde pensan facer uns muíños de vento. Pero por suposto, iso non o vamos a permitir!!!
Deixamos o coche uns quilómetros antes e fómonos quentando. A camiñata ía empezar! O camiño era as veces moi pedregoso e deformado pola auga, e sobretodo tiña moitas costas. Pero é normal, porque nos atopamos subindo o monte Galiñeiro!!! Os chuvasqueiros e paraugas non paraban de ser utilizados, porque o tempo estaba alterado e chovía un tramo e paraba outro. Subimos douscentos metros, e, xa case no cumio, a néboa envolveunos completamente. Máis valía non separarse do grupo, porque con esa inmensa nube blanquecina un podíase perder.
Algúns tiveron que abandonar pola dificultade do camiño... Pero nós seguimos ata o final!!! Chegamos cansos, pero xusto entón...saliu o sol!!! Dende o cumio víase todo Vigo e a súa inmensa ría! Era un panorama precioso. Alí leron un discurso e a verdade daba moita pena converter iso nun horrible campo eólico. Despois de repor forzas cun bocata e chocolate, a baixada empezamos e o sol desapareceu deixando chuvia. Baixamos por outro camiño, e o descenso non foi nada fácil porque a terra estaba bastante enchoupada, pero coa compañía dunhas amigas, pasamos unha menos cansante volta.
Ao chegar estabamos a mar de fatigados, pero moi felices de facer esta fermosa ruta e por intentar salvar o monte, a pesares de ter a compañía incansable da choiva e da néboa, e, iso si, un montón de cans!!!!jueves, 17 de febrero de 2011
Súper Debate dos transxénicos!!!!
Sabedes que hai tempo faleivos que preparabamos un debate para o día da paz, que este ano ía sobre a Natureza. Pois xa está aquí!!! E podo asegurar que foi o mellor debate ao que asistín e vin!!! Si, porque o principio empezou como un debate dos transxénicos normais, pero logo a cousa animouse e incluso os espectadores participaron! Ademais foi un debate con moito humor, e todos o pasamos moi ben. Todos preparamos moi ben e redebatimos tamén moi ben. Foi un debate moi emocionante pero ó final os que estabamos en contra alzámonos coa vitoria! Aínda que iso foi o de menos, porque a experiecia de ter un debate tan chulo posiblemente é moito millor que calquera premio. Porque seguro que tal como estamos, imos para os de Telecinco!!!
Esta é a 2ª parte do debate, e, teño que admitilo, a miña favorita.
domingo, 13 de febrero de 2011
Excursión a praia de Menduíña
Foi o pasado día 12 de Febreiro. Está no Morrazo, preto de Cangas, e son unas praias medianas separadas por varios kilómetros de rocha. Teñen grandes olas e, no monte de ali, hai vistas preciosas da ría.
Nós tumbamonos nunhas rochas ben altas, porque a marea na praia era bestial. Estaba a praia toda cuberta por area mollada, e unhas olas que parecian bombas da ETA cando chocaban coas rochas. A explosión de unha grande era un expectáculo.Alí estábase xenial, e escoitando o mar, lendo, escoitándo música ou imaxinando aventuras pasóusenos o tempo voando. Quen o ía dicir!
Logo subimos ao monte, donde hai mais toxos case que herba. Pero despois de meternos por camiños tan pequenos que case estaban ocultos, chegamos a unhas rochas donde se vía unha preciosa panorama da ría. Moitas desas rochas estaban gastadas pola auga durante miles de anos, e había pozas moi grandes e raras, pero o curioso é... Que iso era o cumio da montaña, onde non debería chegar a auga!!! Raro, eh?
Fomos moito tempo e gustounos moito, e supoño que, se sodes dos que queredes saltar olas e surfear, esa praia gustarabos! E senón, para relaxarse tamén está que nin pintado.
sábado, 12 de febrero de 2011
Rugbi no cole
O pasado día 11 de febreiro, no colexio tivemos unha visita moi especial... Viñeron dous homes a darnos clases de rugbi!
E eses dous homes eran xogadores do único equipo de Vigo de rugbi, a ensinaronnos os reglamentos do rugbi, e logo fixemos uns xogos moi divertidos. Sabíades que o rugbi é o deporte con máis regras do mundo? Pero iso non significa que sexa aburrido. Trata de facer placaxes ao adversario para que non poña o balón nunha portería, que é o que ten que facer o teu equipo, pero só se poden facer pases para atrás. Os placaxes non é botarse enriba do contrario, senón frealo "abrazándoo". Ademais o balón non pode rebotar ao poñelo na portería no chan, senón o gol é inválido. E sobretodo, os pases deben ser horizontais, non bombeados ou a estilo xabalina, porque senón e máis fácil que che bloqueen.
Os xogos foron moi divertidos, e todos o pasamos xenial. Eles dixéronnos que esta temporada estano facendo moi ben e queren pasar a 1ª división. Xogan todos os domingos as 11 da mañá, e se queredes, podedes ir alí a animalos!
Se premedes na imaxe iredes directamente a páxina web do club de rugbi de Vigo.

Se premedes na imaxe iredes directamente a páxina web do club de rugbi de Vigo.

O Cachalote
Non sabedes o que é? Pois é un deporte que unhas amigas e eu inventamos, e que agora é a bomba no colexio. Se queredes saber como é para xogar vós miradeo aquí:
O Cachalote é un deporte que mezcla o tenis, o baloncesto e o balonmano. O nome ven de Babadote, que eran as iniciales destes, pero co tempo, (vamos, en 2 días) apareceu este, máis atractivo.
Trata de meter unha pelota de tenis nunha canastra de baloncesto movéndose ao balonmano. Moverse ao balonmano quere dicir que se poden dar dous pasos coa pelota na man, e logo ou se bota, pásase ou tírase.
Pódese entrenar pasándose o balón a longa distancia ou pasándose intentando que unha persoa intermedia non colla o balón.
A pelota inicial é PELOTI, a pelota coa que sucederon as máis importantes aventuras do deporte. Por exemplo: cando se quedou no medio dunha rede altísima e houbo que darlle cun balón; cando se quedou na herba dun muro e houbo que facer unha torre humana coa axuda dunhas nais moi amabes; ou cando se foi a casa do veciño e houbo que saltar o muro que separaba as fincas e colarse para collela na súa casa. E iso vai en serio, non vos creades que son bromiñas. Pero esa pelota téñolle moito cariño, é o meu millor amigo surreal.
Se queredes, podedes xogar vós, porque seguro que pouco a pouco vai haber máis xente que se anime, xa veredes.
Fin de semana guay!
Si, si, porque foi un finde moi completo. Este fin de semana miña nai foise a un cursillo e meu pai e eu quedamos sós... Mirade as cousas dos findes como estos:
1 - O sábado fumos a andar en bici cos meus amigos pola ruta da Auga, unha ruta por donde pasa a auga a nosa e a outras cidades. Ao final chagamos moi de noite, pero valeu a pena, porque esa ruta é preciosa. Ademais, a volta deixáronnos solos no coche e montamos un rebumbio... jajaja, tíñades que estar alí.
2- O domingo, fomos a casa dos meus avós, e estiven xogando coa miña prima e con PELOTI, a miña pelota de tenis da que nunca me separo. Ata inventei un xogo chamado Cachalote, que é una mezcla de tenis, baloncesto e balonmano. Noutra nova cóntovos sobre el. O caso é que a pelota fóisenos a casa dos veciños 4 veces, e 2 desas pasáronnola eles, pero as outras dúas non estaban na casa e tiven que escalar o muro que divide as fincas e pasar a casa veciña. En serio.
3 - Logo xogamos unhas partidas Mariokart con personas de todo o mundo e coas miñas primas, cada unha dende a súa casa, grazas a conexión a Internet.
Estes fins de semana son os millores, enserio, a vós no vos gustan? Ou todavía non os probastes? Pois non sabedes entón o que vos perdedes!
sábado, 5 de febrero de 2011
Todo se amontona no colexio!
Pois si, amigos, todo se amontona porque estes días estamos a ter varios eventos importantes, mirade que clases tivemos esta semana!:
Bueno, non foi esta semana, pero foi o venres pasado, e tamén hai que incluilo, porque o día da paz e moi importante. A súa festa celebrouse no salón de actos e vimos de todo: Unhas editoriais ecóloxicas, poemas, cancións, obras de teatro... Pero aire fresco agradecíase, xa que estábamos algo apretuxados. Por iso logo fomos ao patio a cantar as cancións que aprendimos de memoria.
Pero logo chegaron as excursións (Por fin! Había tempo que non íamos a unha!). E non foi outra cousa que... dúas seguidas! Si, si, dúas seguidas. O día 3 fomos ao casco vello de Vigo, pero faláronnos... en inglés! Era unha especie de competición de haber quen coñecía máis o casco vello en ingés, e pasámolo xenial, xa que ía cos meus amigos no meso grupo: <<The Crazy Pirates>> (Os piratas tolos). O seguinte día, o 4 de Febreiro, fumos a ver unha ópera bufa o teatro de Caixanova. Dous días de saídas!
Por se fora pouco, o da Paz todavía non acabou, porque a semana que ven tócanos ler a editorial ecolóxica e facer o debate dos alimentos tranxénicos! Vaia! parece que todo se amontoou para agora!
lunes, 31 de enero de 2011
Excursión a Poza da Moura
Ola! Esta vez preséntovos o primeiro viaxe dende que teño o blog (Claro que xa fixen máis antes) e que é a unha fervenza en Domaio, de camiño a Cangas. Inda que chegar a ela e algo complicado, é moi bonita, as vistas da ría de Vigo son preciosas e para bañarse no verán está xenial (O que pasou e que eu tiña ganas de meterme igual, así que resbalei e alá me fun).
Trata dun pequeno muíño polo que pasa a auga, aínda que está abandonado, dun río. Seguindo por ese camiño atópaste cun ponte,o cal atravesa o mesmo río que xusto alí, nese punto, convértese nunha pequena fervenza cunha poza perfecta para bañarse. Alí hai grandes pedras nas que da agusto tomar o sol, e se queredes relaxarvos coa natureza, e totalmente recomendable.
Mirade este Slide para saber máis como era:
lunes, 24 de enero de 2011
Día da paz no colexio
Ola outra vez!!! Agora xa se acerca o día da paz, e como é moi importante, dedicareille uns días no blog. Para empezar ben o día no colexio xa fixemos moitos traballos interesantes sobre ela.
Vaia! este ano tócanos falar sobre o planeta Terra!!! Un planeta que hay que protexer e evitar que sucedan as peores cousas para el, porque a vez tamén sucederá para nós. por iso vamos facer un debate dos alimentos transgénicos do que xa vos contarei. En fin, para traballar este día tan especial, decidimos cantar unhas cancións chamadas "Está llorando el Sol" de Cómplices e " Mira más allá" de hermana Tierra, e moitísimas outras cancións que nos foron ensinando e todas bastante chulas. Fixemos un vídeo destas dúas canciós, xa que as tivemos que aprender de memoria e xesticular coa axuda da profe de música. Ademais estamos facendo un mural de alumnos no que incluír moitas cousas, entre elas poemas da paz ( O cal xa vos recitarei mais adiante) e moitas obras de arte. E por suposto, o día da paz faremos unha importante festa na que todos participaremos e (supostamente) o pasaremos ben. Pero iso xa será outra nova que vos redactarei mais adiante.
Para mais información visitade este enlace: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipfrian/category/33/159
jueves, 13 de enero de 2011
Estreamos os ordenadores!!!
Por fin, no colexio, xa utilizamos os ordenadores para facer miles de traballos.

Os ordenadores xa levaban moito tempo no colexio, mais non os podíamos utilizar porque había que facerlle moitos arranxos e añadirlle programas. Pero, por fin, o pasado día 12 de Xaneiro debutamos con eles!!! A verdade é que son preciosos, e da gustos telos nas mans. Ai que ter moito coidado e respetar as normas, pero todos sabemos que con eles alí a clase será mais animada. A partir de agora, a nosa aula cambiará. Cos ordenadores nas gadoupas, aos rapaces non hai quen nos pare!!!(Aínda que seguimos preferindo o recreo).jueves, 6 de enero de 2011
Se queredes informarvos mais, mirade estes enlaces
Ola a todos!!! Supoño que quizais vos pareza que agora este blog está algo incompleto, pero, claro, todavía e novo... En fin, quería dicirvos que eu tamén teño un FACEBOOK, no que podedes ver tamén algunhas novidades, para mentervos algo informados se queredes. Esta e a dirección do meu perfil do Facebook:
http://www.facebook.com/profile.php?id=100001258940634
Aparte diso, tamén temos un blog do cole que me encantaría que mirarades porque paréceme moi completo e ben feito. Se vos interesa, clicade aquí:
http://quintodefrian.blogspot.com/
Grazas por mirar estes blogs!!!! E se non os mirades, pois nada, que vos divertades!!!
miércoles, 5 de enero de 2011
UN BELÉN VIVINTE!!!
Ola de novo!!! Xunto o meu blog, empezou o ano, como seguro que xa sabedes. E, según creo eu, hai que disfrutar do Nadal... ao grande!!!! E así e como fixeron os profes e alumnos dun colexio de educación especial que está en Samil.
Fixeron un Belén viviente con todo tipo de materiais!!! As persoas disfrazáronse e actuaron, e logo diso todos fomos ao escenario e andibemos por alí libremente... Fun cun amigo e de verdade impresionounos moitísimo.
Mirade este SLIDE e veredes o realista que era:
Ola! Benvidos o meu blog!!!!
Ola a todos! Chámome Aldara e vivo en Vigo. Estudo no cole Frian e teño uns amig@s fabulos@s. Gústame moito a Natureza e os deportes e teño moitas ganas de contarvos aquí os meus viaxes e as novedades que hai día tras día.
¡Benvidos o meu blog e que disfrutedes de el!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





























